Manuel Rosales Cereijo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 (68/69 anos) Ardán, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | profesor de ensino secundario, escritor |
Manuel Rosales Cereijo, nado en Ardán, Marín, en 1955, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É da primeira promoción de Galego-Portugués da Universidade de Santiago de Compostela, tamén é licenciado en Filoloxía Hispánica e fixo o doutoramento na USC coa tese Xénese e desenvolvemento da narrativa de Castelao (1909-1934), dirixida por Benito Varela Jácome.[1]
Catedrático de Lingua Galega e Literatura, exerceu no IES Santa Irene de Vigo, no que foi moitos anos secretario, ata a xubilación. Tamén foi profesor asociado na Universidade de Vigo e na UNED[2].[3]
Ten publicado artigos sobre literatura en Grial, A Trabe de Ouro, Eduga e Anuario de Estudios Literarios Galegos.[4]
É tamén coautor de libros de lingua e literatura para o ensino secundario en Xerais.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- A narrativa de Castelao. Xénese e desenvolvemento (1997). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 84-7824-297-X.
- A novela curta galega no tempo da Restauración (1880-1931) (2023). Instituto de Estudios Carballiñeses. ISBN 97888476807743. 339 páxs.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Obras. Castelao I (1999). Edición crítica.
- Ilustrísima, de Carlos Casares (2000).
- Retrincos. Un ollo de vidro, de Castelao (2001).
Didáctica
[editar | editar a fonte]- Manual de galego urxente (1987). Con Xosé Ramón Pena. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-279-8.
- Exercicios de galego urxente: solucionario (1995). Con Xosé Ramón Pena. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-864-8.
- Prácticas gramaticais e construcción de textos: solucionario (1996). Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-050-5.
- Curso de lingua galega (1998). Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-322-9.
- A linguaxe literaria: guía de recursos para a análise textual (2002). Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-842-5.
- Galego século XXI: nova guía da lingua galega (2004). Con Xosé Feixó Cid e Xosé Ramón Pena. Vigo: Galaxia. ISBN 84-8288-694-0. 2ª ed. en 2010.[5]
- Galego século XXI: nova guía da lingua galega. Caderno de exercicios (2004). Con Xosé Feixó Cid e Xosé Ramón Pena. Vigo: Galaxia. ISBN 84-8288-720-3.
- Manual e exercicios de galego urxente (2006). Con Xosé Ramón Pena. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-493-4.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Comentário de textos literarios: "Um fragmento de "Xoguetes para un tempo prohibido", de Carlos Casares" (1986). ISBN 84-7707-004-0.
- Castelao na Galiza do século XX: actas do simposio: "Literatura e arte en Castelao" (2000). ISBN 84-89679-61-4.
- Para ler a Castelao I. Obras completas vol. 7 (2000). ISBN 978-84-8288-400-4.
- Congreso sobre Castelao: actas do congreso realizado pola Dirección Xeral de Promoción Cultural en Rianxo, dos días 25 ó 29 de xaneiro de 2000, 2001: "Aspectos estilísticos da prosa narrativa de Castelao" (2001). ISBN 84-453-3001-2.
- Sementar para os que veñan: homenaxe a Camiño Noia: "Narrativa galega anterior ás Irmandades da Fala" (2012). ISBN 978-84-8158-597-1.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rosales Cereixo, Manuel (1992). "Xénese e desenvolvemento da narrativa de Castelao (1909-1934)" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ "Introducción a la lengua gallega". uned. Consultado o 17 de xullo de 2023.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-07-17.[Ligazón morta]
- ↑ "Manuel Rosales Cereijo". Hablamos de Libros. Consultado o 2023-07-17.
- ↑ "Rosales, Manuel". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-17.