Many Moure
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 (66/67 anos) Matamá, España |
Outros nomes | Many Moure |
Actividade | |
Ocupación | cantante, guitarrista, baixista, compositor de cancións |
Membro de | |
Instrumento | Voz |
José Luís Moure Alonso, máis coñecido como Many Moure, nado en Matamá (Vigo) en 1957, é un baixista, guitarrista e cantante galego.
É coñecido principalmente por ser o baixista e membro fundador do grupo Los Toreros Muertos, da movida madrileña, ademais de ter tocado noutros grupos e en solitario.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na parroquia viguesa de Matamá e aos 4 anos marchou coa súa familia para Alemaña, preto da Selva Negra, onde viviu ata os 17 anos, cando volveu a Galicia.[1] Pouco despois marchou a Madrid, onde comezou a tocar nalgúns grupos e a rexentar locais musicais.[1]
Formou parte das bandas Rubi y Los Casinos e Palmera pero a fama chegoulle tras fundar xunto a Pablo Carbonell e Guillermo Piccolini o grupo Los Toreros Muertos.[2] Publicaron catro álbums de estudio ata 1992. Tras unha tempada de inactividade volveron reunirse en 2007, continuando o grupo activo dende entón.[3]
En 2016 publicou un disco en solitario poñéndolle música a unha selección de poemas do escritor cubano Nicolás Guillén.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Many Moure: 'No sentía que pertenecía (a la Movida)... por eso, tantos renegamos de ello'" (en castelán). 19 de xullo de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ Sotelino, B. R. (14 de xuño de 2010). "«Pablo Carbonell se empeñó en que volvamos a lo Carmen Miranda»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ "Los Toreros Muertos están muy vivos" (en castelán). 27 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2007. Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ Moreno, Arancha (21 de xuño de 2016). "Many Moure hace bailable a Nicolás Guillén". El País (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2021.