Saltar ao contido

María Muñoz de Quevedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Muñoz de Quevedo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1896 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de decembro de 1947 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de coro, pianista Editar o valor en Wikidata
AlumnosGisela Hernández (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

María Muñoz Portal, coñecida como María Muñoz de Quevedo, nada na Coruña o 27 de setembro de 1896 e finada na Habana o 14 de decembro de 1947, foi unha directora de coro e pianista galego-cubana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Con Federico García Lorca.

Casada con Antonio Quevedo en 1919 e tras viaxar a Cuba, radicáronse alí de por vida.[1] Foi creadora do máis importante labor musical de docencia e de dirección coral realizada en Cuba na primeira metade do século XX. En 1923 fundou, co tamén músico español Pedro San Juán Nortes, a Escola Filharmónica Nacional, da que foi nomeada directora, e ademais impartía clases de piano e harmonía. En 1925 renunciou a este centro docente para fundar o seu propio conservatorio, ao que deu o nome de Bach. Os seus resultados chegan ata hoxe: un movemento nacional de coros, con moi recoñecidos méritos.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]