María Vallet Regí
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1946 (78 anos) As Palmas de Gran Canaria, España |
Profesora | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | química, farmacéutica |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid |
Membro de | |
Premios | |
| |
María Vallet-Regí, nada nas Palmas de Gran Canaria o 19 de abril de 1946, é unha investigadora e catedrática de Química Inorgánica e directora do departamento de Química Inorgánica e Bioinorgánica da Facultade de Farmacia da Universidade Complutense de Madrid.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1974 obtivo o doutoramento en ciencias químicas na Universidade Complutense de Madrid. En 1990 foi nomeada catedrática de Química Inorgánica e directora do Departamento de Química Inorgánica e Bioinorgánica da Facultade de Farmacia de devandita universidade.
En 2004 foi nomeada académica da Real Academia de Enxeñaría[1] e en 2011 da Real Academia Nacional de Farmacia.[2]
Investigación
[editar | editar a fonte]Realizou unha extensa labor investigadora, marcada por un enfoque multidisciplinar, plasmada en máis de 550 publicacións científicas recollidas no ISI Web of Knowledge, a maioría nas áreas de química e ciencia de materiais. Segundo o ISI, é a española da área de Ciencia de Materiais máis citada nas dúas últimas décadas.[1][3]
A súa actividade investigadora céntrase no campo dos biomateriais con aplicacións en traumatoloxía, odontoloxía, enxeñaría de tecidos ou na liberación controlada de fármacos.[3][4]
Formou parte do Comité Reitor do Programa ‘Science for Peace’ da OTAN (1999-2005),[5] o Comité Nacional da CNEAI (2004-2008), e foi vicepresidenta da Real Sociedade Española de Química (1999-2007).
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Nacional de Investigación 2008 Leonardo Torres Quevedo en Enxeñarías[6]
- Doutora Honoris causa pola Universidade do País Vasco.[7]
- Premio de Investigación 'Miguel Catalán' 2013[8]
- Doutora Honoris Causa pola Universidade Jaume I, Castelló, España, 2015.[9]
- Premio á carreira distinguida en Química 2016 da Fundación Lilly, 2016.[10]
- Premio Rei Jaime I de Investigación Básica, 2018.[11]
- En 2018 foi incluída en La Tabla Periódica de las Científicas por ser o 2019 o Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos, con motivo do 150º aniversario da publicación de Mendeléyev.[12]
- En 2019 recibiu o Premio Influentials á traxectoria profesional, outorgado por El Confidencial e Herbert Smith Freehills.[13]
- En 2019 foi galardoada coa Medalla al Mérito en la Investigación y en la Educación Universitaria xunto a Emilio Lledó e Dolores Cabezudo, a entrega fíxoa o ministro Pedro Duque.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Excma. Sra. Dña. María Vallet Regí". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2018. Consultado o 01 de maio de 2020.
- ↑ "Toma de Posesión como Académica de Número de Dña. María Vallet Regí". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 01 de maio de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 "María Vallet Regí, química". Mujeres con ciencia (en castelán). 2019-04-19. Consultado o 2020-05-01.
- ↑ 4,0 4,1 "Ciencia - Ministerio de Ciencia e Innovación (es)". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de xaneiro de 2020.
- ↑ "María Vallet-Regí: “Cuando desarrollemos la medicina regenerativa no necesitaremos donantes”". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-09-06. Consultado o 2020-05-01.
- ↑ "A veces es muy bueno venir de otro campo y ver que lo que traes en la maleta puede funcionar y ser útil en otras áreas"
- ↑ La Upv Inviste "doctoras Honoris Causa" a Carmen Reinhart y María Vallet Regí
- ↑ "La Comunidad de Madrid reconoce la carrera científica de la investigadora María Vallet Regí". www.ciberisciii.es. Consultado o 2021-01-28.
- ↑ "La Jaume I investirá el 27 noviembre doctores honoris causa a Julius Rebek y María Vallet". 20 de novembro de 2015. Consultado o 19 de xaneiro de 2017.
- ↑ "La Fundación Lilly reconoce la trayectoria científica de la profesora Vallet Regí con el Premio a una Carrera Distinguida en la especialidad de Química". 31 de outubro de 2016. Consultado o 19 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Fundación Rey Jaime I". Consultado o 9 de xuño de 2018.
- ↑ "La Tabla Periódica de las Científicas" (en castelán). 23 de novembro de 2018. Consultado o 9 de decembro de 2018.
- ↑ "Antonio López y María Vallet, Premios Influentials a la trayectoria profesional" (en castelán). 14 de febreiro de 2019. Consultado o 15 de febreiro de 2019.