María do Ceo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Porto, Portugal |
Residencia | Ourense |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositora |
Xénero artístico | Fado |
Instrumento | Voz |
María do Ceo é unha cantante de fado galega, residente en Ourense, pero nacida na cidade portuguesa de Porto.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada na cidade de Porto trasládase de nena á cidade das Burgas. Traballa de caixeira nun supermercado ata que en 1993 dá o salto ao mundo do fado, aproveitando o potencial da súa voz.
Carreira musical
[editar | editar a fonte]Dende os seus inicios leva gravado ao redor de 8 discos, cantando cancións, inspiradas moitas das veces na raíña do fado, a fadista portuguesa Amália Rodrigues. Durante a súa extensa carreira ofreceu concertos e actuacións en diferentes países: España, Portugal, Alemaña, Francia, Suíza, Italia, Alxeria, Exipto, Uruguai e Arxentina. No ano 2011 compón o himno do Couto Mixto.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio[2]
- 1997: Cartas de amor
- 1999: Vellas lembranzas
- 2002: Al rescate del alma
- 2004: Fados… e outas músicas
- 2005: Panxoliñas-Villancicos
- 2006: Dúas almas do Miño
- 2007: Tan lonxe, ao longe
- 2008: No bico un cantar
- 2010: Celme encantado[3]
- 2011: Fado com outro acento
- 2014: Soños Cumpridos
- 2016:Años Después
- 2017:De Portugal a Galicia. Fado
- 2017: Canciones infantiles
- 2019: A fadista
- 2019: Escolma Imposible e Incorrecta
- 2022: Galicia nai[4][5]. No que lle pon música e voz a poemas de: Rosalía de Castro, Neira Vilas, Armando González López, Ricardo Carvalho Calero, Xosé Velo e Manuel María.
Colaboracións
- 2001: Etnika: Los Sonidos de Galicia «O Señor Vinho» e «O Primeiro Amor»
- 2006: Atox: Real Banda de Gaitas da Diputación Provincial de Ourense
- 2007: Himno Gallego
- 2011: Fios de vida (colaboración con Enrique Ramil)
- 2012: México Lindo: Homenaje a Chavela Vargas - «Piensa en Mí»
- Puedes llegar Ese niño diferente. La Rebotica.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2000: nomeada membro da Enxebre Orde da Vieira pola difusión da cultura galega na cidade de Lisboa.[6]
- 2004: premio Vieira de prata á calidade artística, entregado pola Enxebre orde da vieira, en Santiago de Compostela.[6]
- 2004: Placa a la mejor trayectoria artística entregada por El Correo Gallego en el Auditorio de Galicia.
- 2007: Disco de Platino Gallego, por vender 4.000 exemplares de seu traballo Dúas almas no Miño.[7]
- 2011: Castaña de Cristal do Festival das Artes Escénicas de Riós.
- 2010: é recoñecida como Xuíz Honorario do Couto Mixto[8].
- 2013: premio Alecrín dorado entregado pola Federación de Entidades Galegas en Cataluña (Fegalcat) pola súa colaboración permanente.[9]
- 2015: é nomeada filla adoptiva de Xinzo de Limia.[10]
- 2016: premio Rebulir de Cultura Galega, por establecer lazos musicais entre as dúas beiras do Miño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [1]
- ↑ María do Ceo, mujer y alma de fado. eldiario.es
- ↑ "yosoycomunicacion.es". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2020. Consultado o 02 de agosto de 2020.
- ↑ "María do Ceo: "Creamos un novo estilo, o fado miñoto, coa fusión do galego e do portugués"". 03/02/2023. Consultado o 05/02/2023.
- ↑ "María do Ceo cumpre 25 anos co seu son xenuino". 03/02/2023. Consultado o 05/02/2023.
- ↑ 6,0 6,1 "Biografía de María do Ceo en Last.fm" (en español). consultado el 18 de octubre de 2013
- ↑ "La cantante María do Ceo, Disco de Platino Gallego. elcorreogallego.es". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 02 de agosto de 2020.
- ↑ "María do Ceo dálle voz ao himno do lendario territorio do Couto Mixto". 09/07/2011. Consultado o 05/02/2023.
- ↑ "|título=Premios Alecrin dourado |autor=elcorreogallego.es". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2020. Consultado o 02 de agosto de 2020.
- ↑ "Xinzo nomeou á cantante María do Ceo filla adoptiva". 09/04/2015. Consultado o 05/02/2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- María do Ceo Arquivado 05 de febreiro de 2023 en Wayback Machine., páxina web oficial.