Mario Merz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1925 Milán, Italia |
Morte | 9 de novembro de 2003 (78 anos) Turín, Italia |
Lugar de sepultura | cemiterio monumental de Milán |
Educación | Universidade de Turín |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Ocupación | pintor, artista de instalacións, artista visual, debuxante, escultor, artista |
Período de actividade | 1950 - 1994 |
Movemento | Arte povera |
Representante | Sperone Westwater Gallery (en) , Gladstone Gallery (en) e Konrad Fischer Galerie (en) |
Participou en | |
13 de xuño de 1992 | Documenta IX (en) |
19 de xuño de 1982 | Documenta 7 (pt) |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
30 de xuño de 1972 | Documenta 5 (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Marisa Merz |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, mediakunst.net |
Mario Merz, nado en Milán o 1 de xaneiro de 1925 e finado en Turín o 9 de novembro de 2003, foi un artista italiano relacionado coa arte povera.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a debuxar durante a segunda guerra mundial, cando foi apresado polas súas actividades co grupo antifascista Giustizia e Libertà. Nos anos sesenta, a obra de Merz, con enerxía, luz e materia, colocouno dentro do movemento que Germano Celant chamou arte Povera, que, xunto co Futurismo, permaneceu como un dos máis influentes movementos da arte italiana no século XX. Nestes traballos introduciu por primeira vez nas súas obras diversos elementos na superficie das teas coas que traballaba, tales como botellas, paraugas, gabardinas e outros obxectos que combina con luces de neon. Ademais de polo seu carácter de obra única, o motivo característico da súa produción, é o iglú.
Da súa propia obra explica: "Fixen o iglú porque quería abandonar o plano; ademais, o iglú era interesante como idea de espazo absoluto en si mesmo, xa que non é moldeado, senón que é unha semiesfera apoiada na terra. E por último, ao iglú sumouse o traballo de escritura, que me pareceu tan importante que quixen que fose unha escritura estática, como pode ser darlle forma de escritura ao neon". (Cita extraída do artigo Volta ao mundo en 80 iglús, publicado por Daniel Molina no diario arxentino Clarín).
O iglú é unha forma metafórica coa que o artista pregoa que a arte é transitorio e sempre cambiante, son espazos absolutos en si mesmos. Deste xeito, considera que o artista é un nómade sempre en movemento onde a natureza e a cultura están por todas partes. O iglú está construído con armaduras de metal segmentadas, as estruturas hemisféricas están cubertas de redes, arxila, cera, cristal ou ramas; e, a miúdo, incorpora frases políticas ou literarias feitas de neon. Ao respecto expón: "No iglú non existen ángulos, non hai saíntes, non hai liñas rectas. É unha casa pero ao mesmo tempo é un lugar case máxico que infunde un sentido de protección e que certamente esperta tamén sensacións relixiosas evocando de maneira moi evidente a forma da cúpula das igrexas... No iglú é coma se a arte e a vida fusionásense nunha forma única. A única escultura posible é unha auténtica casa".
Mario Merz utilizou de forma frecuente a sucesión de Fibonacci en moitas das súas obras desde a década dos setenta, con elementos diferentes (neons, mesas, animais, xornais...) e en formatos variados. Así como os números de Fibonacci apuntan ao infinito e describen un crecemento progresivo a partir da suma das cifras anteriores, o artista empregou a famosa sucesión para simbolizar a arte e o progreso social.
Algunhas obras
[editar | editar a fonte]- Fibonacci Nápoles, 1971.
- Specchio verde, 1985. Colección particular
- Pterodáptilo, 1985.
- Iglú, 1987. Chapelle St-Louis de la Sulpetriere. París
- Unreal City, 1989. Guggenheim Museum. Nova York
- Crescendo appare, 1992. Moll de la Barceloneta
- Movementos da terra e da lúa sobre unha táboa, 2002.
- Instalación de luz no Foro Imperial de Roma, 2003.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mario Merz |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Spiegler, M.: Entrevista a Mario Merz Arquivado 06 de xuño de 2014 en Wayback Machine. (en inglés).
- Braun, E.: Catálogo The magnolia table Arquivado 06 de xuño de 2014 en Wayback Machine. (en inglés).
- Grüterich, M.: Artigo na revista Data 21(en inglés).