Masito
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (mul) Manuel Emilio Aristóteles Beiró Martínez 10 de xaneiro de 1955 (69 anos) Padrón, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | pintor, cartelista, ilustrador, xornalista |
Pseudónimo literario | Masito |
Familia | |
Pai | Manuel Beiró Buxán |
Descrito pola fonte | Gallegos Enciclopedia Galega Universal |
Manuel Emilio Aristóteles Beiró Martínez, máis coñecido como Masito, nado na Trabanca (Padrón) o 10 de xaneiro de 1955,[1] é un xornalista, pintor, ilustrador e cartelista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É fillo do pintor Manuel Beiró Buxán. No ano 1963 acadou o primeiro premio de pintura infantil organizado polo xornal La Voz de Galicia e participou nunha exposición colectiva de novos valores na Coruña, no local A Terraza. Foi bolseiro da Escola de Artes Mestre Mateo e diplomouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
Traballou como xefe de prensa do concello de Padrón[2] e como xornalista na axencia EFE. Foi tamén correspondente do xornal El Correo Gallego dende 1986 ata 1990, foi director fundador da revista Petroglifo da Asociación Galega de Artes Gráficas,[3] traballou en programas de radio e participou en diversos ámbitos culturais da vila padronesa.
Unha escolma da súa obra foi exposta na Bienal do Convento do Carme de Padrón, e no certame de pintura Bello Piñeiro de Ferrol. Participou en exposicións en Rianxo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Arte-Mostra Santiaguiño, O Courel e Forcarei.
Realizou a ilustración dos libros Pseudopoesía: ala Costa de la muerte: marineras (1978) de Arturo Romaní; Paixón e vida dun poeta (1981) e Almenar poético (1985) os dous de Maximino Castiñeiras; Balada do vento na ría (1987) de Xesús Santos; Diáspora.com (2002) de Xosé Manuel Lobato e mais no primeiro libro editado do certame de poesía Rosalía de Castro, con limiar de Méndez Ferrín, da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà en 1992.[4]
Tras facer Laxeiro a portada do primeiro número, fixo a portada do seguinte número da revista Olláparo (1984) de Cedeira, con limiar de Carlos Casares. Ilustrou a portada da revista Lúa Nova da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà[5] e para a revista Ólisbos (1990) creou o retrato do escritor Miquel Àngel Riera. Foi autor de numerosos carteis de festas, como os da Pascua de Padrón,[1] A Anguía de Valga, Corrubedo, o Congreso do Deportivo da Coruña (1999), o Irmandamento Noirmountier (1993) etc.
Fixo ó longo da súa carreira como pintor diversas exposicións individuais, dende París[1] a Barcelona, Noirmoutier-en-l'Île ou Buenos Aires.[6][7] Malia padecer unha enfermidade dexenerativa da mácula ocular continúa a pintar.
Velaquí a presenza do home e mais da arte: este Masito Beiró que, como ben ensinado, afirma e expande todo un espírito e unha vontade: a de sermos. Velaquí o padronés que ilustra poesías e conciencias, aquel que leva como poucos o selo da súa e da nosa terra, o que soubo herdar pinceis e lapis, e tardes e noites de traballo e entrega. Védeo.Anxo Angueira (1992).[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 López, Uxía (19-06-2001). "«Meu pai abriume moitas portas cando era novo»". El Cronómetro. La Voz de Galicia. Consultado o 10-11-2023.
- ↑ López, Uxía (23-11-2002). "O premio Maruxa Villanueva recoñece o «nivel interpretativo» de Susana Dans". La Voz de Galicia. Consultado o 10-11-2023.
- ↑ "Petroglifo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ Certame "Rosalía de Castro" de poesía en lingua galega. Sotelo Blanco. 1994. ISBN 84-7824-205-8.
- ↑ "Lúa Nova. Órgano de difusión da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro". Consello da Cultura Galega. Consultado o 10-11-2023.
- ↑ "Masito". Cultura Galega. Arquivado dende o orixinal o 31-10-2014. Consultado o 10-11-2023.
- ↑ Guía sobre a exposición da Mostra de pintura de Masito. Cornellà: Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro. 1993.
- ↑ "Cita de Anxo Angueira". Cultura Galega. 1992. Arquivado dende o orixinal o 31-10-2014. Consultado o 10-11-2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Masito |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Beiró Martínez, Manuel Emilio A.". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 63. ISBN 84-8064-113-4.
- "Beiro Martínez, Manuel E.". Diccionario enciclopédico galego universal 8. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 90. ISBN 84-7680-429-6.
- "Beiro Martínez, Manuel E.". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Algunhas obras de Masito". Cultura Galega (Galería). Arquivado dende o orixinal o 31-10-2014.