Matt Mullenweg
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Matthew Charles Mullenweg 11 de xaneiro de 1984 (40 anos) Houston, Estados Unidos de América |
Residencia | San Francisco |
Educación | High School for the Performing and Visual Arts (en) Universidade de Houston |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, músico, informático teórico, programador, blogueiro |
Movemento | Movemento polo software de código aberto |
Participou en | |
23 de xaneiro de 2013 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2013 |
Premios | |
| |
Sitio web | ma.tt |
Matthew Charles Mullenweg, nado en Houston, Texas, o 11 de xaneiro de 1984, é un programador estadounidense coñecido por crear o sistema de xestión de contido Wordpress. Por outra banda, creou o servizo de filtrado de spam centralizado Akismet, a compañía Automattic e o servizo de hosting gratuíto de blogs WordPress.com.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Wordpress
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Wordpress.
En xuño de 2002 Matt comezou a usar o xestor de contidos b2/cafelog para publicar as fotos que sacou nunha viaxe a Washington, D.C. para participar na National Fed Challenge. Contribuíu cun pouco de código para arranxar unhas faltas de ortografía e para limpar as ligazóns permanentes.
En xaneiro de 2003, uns meses despois de que finalizase o desenvolvemento de b2, anunciou[1] no seu blog que ía crear un fork para actualizalo aos estándares web e modificalo para as súas necesidades. Mike Little falou con el e xuntos crearon WordPress a partir do código fonte de b2. O programador orixinal de b2, Michel Valdrighi, uniuse a eles ao pouco tempo.