Mauricio Monteserín
Nome orixinal | (es) Mauricio Monteserín Gómez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de marzo de 1976 (48 anos) Ribadeo, España |
Altura | 191 cm |
Peso | 87 kg |
Actividade | |
Ocupación | remeiro |
Deporte | remo |
Participou en | |
2000 | rowing at the 2000 Summer Olympics – men's double sculls (en) |
Mauricio Monteserín Gómez, nado en Ribadeo o 23 de marzo de 1976, é un ex-remeiro galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000, na proba de dobre scull.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse no remo aos 14 anos no Club de Remo Ribadeo, pasando logo ao Club de Mar de Castropol.[1][2] En 1997 foi subcampión de España en dobre scull e participou nos Xogos Mediterráneos en Bari, rematando na quinta posición do cúadruplo scull.[3][4] Ao ano seguinte volveu ser subcampión de España, esta vez no scull individual, e nesta modalidade proclamouse campión en 1999 en Sevilla.[3]
Participou xunto ao asturiano Jaime Ríos. nos Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney, na proba de dobre scull, rematando na derradeira posición tanto na primeira serie como na repesca.[5] Ao ano seguinte obtivo un novo quinto posto nos Xogos Mediterráneos de Tunes e conseguiu o seu segundo título de campión de España en scull individual, revalidando o título en 2002.[3] No 2003 en Banyoles, gañou un novo título nacional, esta vez na modalidade de oito con temoneiro, na que participou xunto aos seus compañeiros do Club de Mar de Castropol.[3]
En 2003 pasou a remar en traiñeiras, disputando a Liga ACT.[6] Militou cinco anos en Astillero e un en Arkote,[7] e no 2010 fichou por Pedreña, equipo ao que pasou a adestrar a finais de 2011.[8][9] Uns anos despois regresou a Ribadeo, onde xunto a outros compañeiros volveu poñer en marcha o Club de Remo, que levaba dez anos sen actividade.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Monteserín, del Club de Mar de Castropol, a la selección española de remo olímpico". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña ed.). 23 de maio de 1997. p. 55.
- ↑ "Unos Juegos son para siempre" (en castelán). 30 de novembro de 2009. Consultado o 10 de setembro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Palmarés dos Campionatos de España de Remo" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 6 de agosto de 2021. Consultado o 10 de setembro de 2021.
- ↑ "El remero ribadense Mauricio Monteserín, quinto en los Juegos del Mediterráneo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña ed.). 26 de xuño de 1997. p. 51.
- ↑ "Dobre scull nos Xogos Olímpicos de 2000". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 10 de setembro de 2021.
- ↑ "Los Juegos de Sídney, veinte años del gran sueño de Mauricio Monteserín" (en castelán). 29 de xaneiro de 2021. Consultado o 10 de setembro de 2021.
- ↑ González, Rafa (22 de setembro de 2011). "Pedreña se hace con su mejor remero" (en castelán). Consultado o 10 de setembro de 2021.
- ↑ Díaz Rolle, Iván (23 de abril de 2017). "«En el remo era tirando a malo, nadie pensó que llegaría a unas Olimpiadas»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de setembro de 2021.
- ↑ "Talento ribadense para el remo". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de novembro de 2011. Consultado o 10 de setembro de 2021.
- ↑ "O Club de Remo Ribadeo volve funcionar tras preto de 10 anos sen actividade" (en castelán). 26 de maio de 2014. Consultado o 10 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do remeiro en olympedia.org (en inglés).
- Datos do regatista no sitio web do Comité Olímpico Internacional (en inglés).