Mausoleo de Ventosa
Mausoleo de Ventosa | |
---|---|
Fotografía do mausoleo completo. | |
Presentación | |
Localización | Igrexa de Santa María de San Xiao Ventosa, Agolada, Galicia |
Estilo | Estilo plateresco |
Tipo | Mausoleo / Sartego / Cripta |
Construción | |
Data da construción | Século XIV ou comezos do XV |
O mausoleo de Ventosa é o mausoleo de estilo plateresco do sartego do abade Lope de Ventosa no lado interior dereito da igrexa de Santa María de San Xiao en Ventosa, Agolada. Construíuse no século XIV ou a comezos do XV.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Inda que existen dúbidas de que o sartego sexa de Lope é a teoría máis estendida. Crese que Lope de Ventosa foi un cóengo de Santiago da familia Ulloa, que se puido permitir un sartego destas características. O mausoleo de 22 m2 está dividido en tres partes, colocouse na igrexa cando o trasladaron da igrexa románica dos Chavos,[onde?] inda que tamén existen teorías de que foi trasladado dende o mosteiro de Carboeiro.[2]
Sartego
[editar | editar a fonte]O sartego situado nun arco con dúas figuras, algo pouco habitual, crese que poden representar dous atributos do finado; abade, representado cunha mitra, e cóengo, cun cáliz. No arco pódense observar figuras que representan dende monstros, animais entrelazados, figuras quiméricas ata persoas núas.[2] Tamén destacan as representacións de caras vomitando formas vexetais, que gardan relacións coas culturas celtas e británicas, e as repetidas representacións dos cálices aos lados.[1] Hai unha clara presenza de representacións de libros por todo o sartego, polo que se cree que o finado foi un home ilustrado. A pintura de fondo do sartego representa o descendemento de Cristo da cruz. Na parte inferior do sartego aparece representada unha aguia, que fai referencia ao cóengo de Ourense, cousa que non parece encaixar con Lope, polo que se cree que foi engadido ao tomar como referencia os sepulcros dos bispos de Ourense.[2]
Pintura
[editar | editar a fonte]Na pintura do fondo do sartego aparecen representadas a Virxe María co fillo no regazo acompañado de María Salomé, María de Cleofás e María Madalena, suxeitando un ungüento, recordo da unción na casa de Simón. Ao fondo unha paisaxe simplificada, aparece o sol e lúa, representando o eclipse que os evanxeos contan que tivo lugar dende o mediodía ata o momento no que Cristo morreu.
Pezas superiores
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Baldaquino de San Xulián de Ventosa.
Divididas en dúas partes, estas pezas foron recollidas doutro lugar e reutilizadas no sartego e crese que, orixinalmente. formaban parte dos baldaquinos da igrexa.[3]
- Parte inferior: un friso con dez apóstolos.
- Parte superior: no centro un pantocrátor de Cristo sentado, ensinando as feridas das mans, rodeado por dous anxos músicos, dous santos axeonllados e os dous apóstolos que faltan, Pedro e Santiago.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "O mausoleo de Ventosa é un canto á vida, único en Galicia". galego.lavozdegalicia.es. Consultado o 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "La Iglesia de San Xulián de Ventosa en Agolada, la catedral del rural gallego". miniontour.es. Consultado o 2024.
- ↑ "Baldaquino de San Xulián de Ventosa". patrimoniogalego.net. Consultado o 2024.