Meat Puppets
Meat Puppets | |
---|---|
Orixe | Phoenix, Arizona, |
Período | 1980 – 1996 1999 – 2002 2006 – presente |
Xénero(s) | rock alternativo, cowpunk, hardcore punk, rock psicodélico |
Selo(s) discográfico(s) | SST, London, Atlantic, Rykodisc, Anodyne, Megaforce |
Membros | Curt Kirkwood Cris Kirkwood Derrick Bostrom Elmo Kirkwood Ron Stabinsky |
Antigos membros | Kyle Ellison Andrew Duplantis Troy Meiss Ted Marcus Shandon Sahm |
Artistas relacionados | Nirvana, Eyes Adrift, Volcano |
Na rede | |
themeatpuppets.com | |
Meat Puppets é unha banda de rock alternativo estadounidense formada en xaneiro de 1980 en Phoenix (Arizona). Orixinalmente estivo composto por Curt Kirkwood (guitarra/voces), o seu irmán Cris Kirkwood (baixo) e Derrick Bostrom (batería). Os irmáns Kirkwood coñeceron a Bostrom cando ían á Brophy Prep High School en Phoenix. Os tres trasladáronse a Tempe (unha cidade nas afóras de Phoenix onde está a Universidade Estatal de Arizona), onde os irmáns mercaron dúas casas pegadas, unha das cales tiña un pendello onde ensaiaban regularmente.
Meat Puppets foi un dos grupos máis notables do conxunto do selo SST Records (a través do cal editaron a meirande parte dos seus discos), e comezou como unha banda de punk rock pero, como moitos dos seus compañeiros de SST, Meat Puppets conseguiu un son propio, mesturando punk con country e rock psicodélico, coa axuda da característica voz de Curt. Meat Puppets posteriormente gañou moita fama cando os irmáns Kirkwood foron convidados para tocaren con Nirvana no seu MTV Unplugged en 1993. O álbum de 1994, Too High to Die, converteríase, xa que logo, na súa edición máis exitosa. O grupo separouse dúas veces, en 1996 e en 2002, pero reuniuse novamente no ano 2006.
Meat Puppets influenciaron a varias bandas como Nirvana, Dinosaur Jr., Pavement ou Soundgarden.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Meat Puppets | 1982 | SST Records |
Meat Puppets II | 1984 | SST Records |
Up on the Sun | 1985 | SST Records |
Mirage | 1987 | SST Records |
Huevos | 1987 | SST Records |
Monsters | 1989 | SST Records |
Forbidden Places | 1991 | London Records |
Too High to Die | 1994 | London Records |
No Joke! | 1995 | London Records |
Golden Lies | 2000 | Breaking Records/Atlantic Records |
Rise to Your Knees | 2007 | Anodyne Records |
Sewn Together | 2009 | Megaforce Records |
Lollipop | 2011 | Megaforce Records |
Rat Farm | 2013 | Megaforce Records |
Dusty Notes | 2019 | Megaforce Records |
EPs
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
In a Car | 1981 | World Imitations Records |
Out My Way | 1986 | SST Records |
Raw Meat | 1994 | London Records |
You Love Me | 1999 | London Records |