Saltar ao contido

Melanargia galathea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Melanargia galathea
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Suborde: Glossata
Infraorde: Heteroneura
División: Ditrysia
Sección: Rhopalocera
Superfamilia: Papilionoidea
Familia: Nymphalidae
Xénero: 'Melanargia'
Especie: ''M. galathea''
Nome binomial
'Melanargia galathea'
(Linnaeus, 1758)

A Melanargia galathea é unha especie de lepidóptero ditrisio da subfamilia Satyridae propia de Europa e Norte de África até Irán.

Descrición[editar | editar a fonte]

Os machos teñen unha envergadura duns 53 milímetros, e as femias, duns 58.[1] As ás son brancas con manchas negras moi marcadas que debuxan un patrón axadrezado. A especie deu lugar a unha serie de variedades cromátidas e razas xeográficas.[2][3] Voa desde o nivel do mar até os 1600 metros.

Os adultos aparecen normalmente en xuño ou xullo, ocasionalmente fin de maio a principios de setembro en cotas máis elevadas. Período de voo univoltino. A femia pon os ovos, os cales deixa caer en voo, sobre a vexetación que será o alimento das larvas.

Son atraídos polas flores de Centaurea, Cirsium, Carduus e Scabiosa.

Especies ibéricas semellantes[editar | editar a fonte]

Na Península Ibérica voan nos seus diferentes territorios outras catro Melanargia:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "UK Butterflies - Marbled White - Melanargia galathea". UK Butterflies (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2012. Wingspan - Male: 53mm - Female: 58mm 
  2. http://www.asturnatura.com/especie/melanargia-galathea.html Melanargia galathea
  3. http://www.eurobutterflies.com/sp/galathea.php Melanargia galathea

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Tolman, Tom (2011). Mariposas de España y Europa. Lynx Edicions. ISBN 9788496553842. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]