Melanargia lachesis
Melanargia lachesis | |||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Melanargia lachesis | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||||||
'Melanargia lachesis' Hübner, 1790 |
A Melanargia lachesis é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Nymphalidae e, dentro desta, da subfamilia Satyrinae. É unha das especies dun xénero que se diferencia moi claramente do resto de Satyrinae por ter as ás unha cor predominantemente branca, con manchas negras moi marcadas que debuxan sobre a á un patrón axadrezado.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]Diferénciase da maioría de especies do mesmo xénero pola ausencia de barra negra transversal no medio da cela da á anterior. Comparte esta característica con Melanargia galathea, da que se diferencia, con todo, por non presentar na parte superior da cela unha franxa de cor gris tan ancha e por non presentar na base das ás a mesma importante difusión escura. As manchas negras son máis reducidas que nesa especie. É unha bolboreta relativamente grande, podendo alcanzar os individuos máis grandes unha envergadura de 6 cm, aínda que rara vez o fan.
Ademais posúe unha peculiaridade, os seus cromosomas (2n: diploides) son 24, dous xogos de 12 cromosomas.
-
Melanargia lachesis ♂
-
Melanargia lachesis ♂ △
-
Melanargia lachesis ♀
-
Melanargia lachesis ♀ △
Área de distribución
[editar | editar a fonte]Trátase dunha especie esencialmente ibérica tamén presente no sueste de Francia, onde chega até o Ródano.
-
España.
-
Francia.
Ciclo vital
[editar | editar a fonte]Univoltina, tan só se observa unha única xeración, que voa en pleno verán de xuño a agosto. Inverna como eiruga.
Plantas nutricias
[editar | editar a fonte]As eirugas aliméntanse de diferentes especies de gramíneas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ van Swaay, C., Wynhoff, I., Verovnik, R., Wiemers, M., López Munguira, M., Maes, D., Sasic, M., Verstrael, T., Warren, M. & Settele, J. 2009. (2000). "Melanargia lachesis". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 7 de xaneiro de 2011.
- ↑ http://www.asturnatura.com/especie/melanargia-lachesis.html Melanargia lachesis
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Melanargia lachesis ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tom Tolman & Richard Lewington (2002). Guía de las mariposas de España y Europa. Lynx Edicions