Mergo pequeno
Mergo pequeno Mergellus albellus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho (arriba) e femia de mergo pequeno | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Mergellus albellus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
Distribución de M. albellus Área de reprodución Área non reprodutora De paso
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
O mergo pequeno,[2][3] Mergellus albellus, é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos merxinos, a única incluída no xénero Mergellus.
Este xénero está estreitamente relacionado con Mergus e estivo e ás veces está incluído nel, aínda que podería estar máis emparentado cos patos do xénero Bucephala.[4] O mergo pequeno hibrida con Bucephala clangula.[5]
Un pato mariño fósil do Mioceno medio demostra que existían patos similares ao mergo pequeno hai uns 13 millóns de anos. A especie existente data do Plistoceno tardío.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Xénero
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1840 polo ornitólogo, botánico e ilustrador inglés Prideaux John Selby.[6][7]
Especie
[editar | editar a fonte]A especie fora descrita en 1758 por Linneo na páxina 129 do volume I da 12ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Anas albellus.[6]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]O nome científico Mergellus é un diminutivo de Mergus, derivado do latín mergere, "mergullarse".[8]
O epíteto específico, albellus, é o nominativo masculino singular do adexctivo latino albellus, -a, -um, diminitivo de albus, "branco".[9] (correspondente co galego albelo.[10]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[6]
- Mergullus albellus (Linnaeus, 1758)
- Mergus albellus Aerc Tac, 2003
- Mergus albellus Linnaeus, 1758 (protónimo)
- Mergus albellus subsp. albellus Cramp & Simmons, 1977-1994
Características
[editar | editar a fonte]É unha especie inconfundible co macho con aparencia de "panda" pola súa mancha negra na zona do ollo e aspecto de "xeo roto" polas finas liñas negras sobre fondo branco que parecen gretas no xeo, que mostra as cores branca e negra cando voa.[5]
As femias e ps machos inmaturos son cincentos con frontes e píleos castaños, e poden confundirse a distancia con Oxyura jamaicensis.[5]
Ten áreas ovais brancas na ás que se ven en voo. O bico do mergo pequeno ten un extremo ganchudo e beiras con dentes de serras, que lle axudan a capturar os peixes cando se mergulla para cazar. Mide de 38 a 44 cm de longo.[5]
Distribución e ecoloxía
[editar | editar a fonte]Reprodúcese na taiga do norte de Europa e Asia. Necesita árbores para reproducirse, establecendo neles o niño. Vive en lagos con moitos peixes e en ríos de augas lentas.
Como é migrante, abandona as áreas reprodutoras e inverna en costas abrigadas ou lagos do interior, nas costas do mar Báltico, mar Negro, norte de Alemaña e os Países Baixos, e un pequeno número deles chegan a Gran Bretaña. As aves errantes poden chegar a Norteamérica ou a outros países europeos (en Galicia é unha ave accidental).[3].
Nos lagos prefire áreas polas ribeiras, a miúdo baixo árbores pequenas. Reprodúcese en maio e pon de 6 a 9 ovos cor crema. Nidifica en ocos de árbores, como os de vellos niños de petos. É unha ave tímida e foxe facilmente cando a molestan.
Protección
[editar | editar a fonte]É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-eurasiáticas (AEWA). Non se considera especie ameazada na Lista Vermella da IUCN, aínda que a súa poboación está decrecendo.[1]
Fósiles
[editar | editar a fonte]Un fósil non nomeado de pato mariño, coñecido por un úmero atopado na formación Sajóvölgyi do Mioceno medio (Badeniano tardío, hai de 13 a 12 millóns de anos) de Mátraszõlõs, Hungría, foi asignado a Mergus. Porén, os autores incluían nese xénero ao mergo pequeno, e en consecuencia, o óso podería ser asignado máis propiamente a Mergellus, especialmente porque é máis similar a un úmero de mergo pequeno que aos restos de Bucephala que tamén se encontraron no sitio. Ás veces arguméntase[11] que o fósil de Mátraszõlõs é demasiado vello para representar ningún xénero moderno de pato mariño, pero aparentemente estes estaban xa ben diferenciados daquela.[12]
Tamén se atoparon subfósiles desta especie en Inglaterra.[11]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Macho
-
Femia
-
Imaxe composta
-
Ovos de Mergellus albellus
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Mergellus albellus na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 7 de novembro de 2022.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Livezey, Bradley C. (1986). "A phylogenetic analysis of recent anseriform genera using morphological characters" (PDF). Auk]] 103 (4): 737–754. JSTOR 4088089. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de febreiro de 2020. Consultado o 17 de agosto de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Madge, Steve; Burn, Hilary (1988). Waterfowl: An Identification Guide to the Ducks, Geese, and Swans of the World. Boston: Houghton Mifflin. pp. 274–276. ISBN 0-395-46727-6.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Mergellus albellus (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 7 de novembro de 2022.
- ↑ Mergellus Selby, 1840 na BioLib. Consultada o 7 de novembro de 2022.
- ↑ Mergus Arquivado 17 de agosto de 2019 en Wayback Machine. en Myetymology.
- ↑ Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Lomdres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4. p. 38.
- ↑ albelo, 2ª acep. no Dicionario da RAG.
- ↑ 11,0 11,1 Mlíkovský, Jiří (2002). Cenozoic Birds of the World, Part 1: Europe. Prague: Ninox Press. p. 123. ISBN 80-901105-3-8
|isbn=
incorrecto: checksum (Axuda). - ↑ Gál, Erika; Hír, János; Kessler, Eugén; Kókay, József (1998–99). "Középsõ-miocén õsmaradványok, a Mátraszõlõs, Rákóczi-kápolna alatti útbevágásból. I. A Mátraszõlõs 1. lelõhely" [Middle Miocene fossils from the sections at the Rákóczi chapel at Mátraszőlős. Locality Mátraszõlõs I.] (PDF). Folia Historico Naturalia Musei Matraensis (en Hungarian e English) 23: 33–78. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xullo de 2011. Consultado o 17 de agosto de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mergo pequeno |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mergo pequeno |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hoyo, Josep del; Andrew Elliot e Jordi Sargatal (eds.) (1992): Handbook of the birds of the world. Volume 1, Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-10-5.
- Kear, Janet (21005): Ducks, Geese and Swans. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-854645-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Folla de datos de BirdLife species para Mergellus albellus
- {{{2}}} en Avibase
- Vídeos, fotos, e sons de Mergo pequeno na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Mergo pequeno en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Mergellus albellus en IUCN Red List maps
- Mergellus-albellus - Gravacións de sons de Smew en Xeno-canto.