Metrópole ortodoxa grega de Rodas
Localización | |||
---|---|---|---|
Xeografía | |||
Parte de | |||
Creación | 325 | ||
Sitio web | imr.gr |
A metrópole de Rodas (en grego: Ιερά Μητρόπολις Ρόδου) é unha das cinco xurisdicións eclesiásticas da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla no Dodecaneso. Ten a súa sé na vila de Rodas.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa de Rodas menciónase nos Feitos dos Apóstolos, nos viaxes de San Paulo, e considérase que el é o fundador da Igrexa na illa, acompañado por Silas.[1] Descoñécese con exactitude cando Rodas tivo o seu primeiro bispo, mais a sé episcopal converteuse moi cedo en metropolitana, e a súa provincia eclesiástica estendíase, logo de 732, sobre a maior parte das illas do mar Exeo. Segundo a tradición no século I tivo o seu primeiro bispo, Prócoro, aínda que decoñécese cando foi creada a diocese.[1]
Até a ocupación da illa polos Cabaleiros de Rodas, a metrópole viviu un período de florecemento, e os seus bispos participaron nos concilios ecuménicos: Theodósios no V, Isídoros no VI e Léon no VII.[1]
Durante a época en que a illa foi gobernada polos Cabaleiros de Rodas, a metrópole entrou nun período crítico. O metropolita de Rodas foi despoxado do seu cargo, e foi instalado un arcebispo latino para sustituilo.[1] O Patriarcado Ecuménico continuou a nomear bispos de Rodas, aínda que os latinos non permitiron que tomaran posesión da sé.[1] En 1369 a administración da metrópole foi asignada á metrópole de Side.[1]
Poucos cambios producíronse no século XV, por mor da caída de Constantinopla e a ameaza da invasión otomá. Os latinos permitiron a instalación do bispo ortodoxo, e ao Concilio de Florencia asistiu o bispo Natanael, mais á súa volta o arcebispo latino non lle permitiu desembarcar.[1]
En 1522 Rodas foi ocupada polos turcos. O metropolita Eftimios foi aforcado (c. 1525) baixo a acusación de instigar un movemento revolucionario.[1] Durante o período otomán, porén, a vida da Igrexa foi relativamente tranquila, aínda que non escapou ás arbitrariedades dos conquistadores.[1] Durante os anos da Revolución e os que seguiron, a Igrexa sufriu persecucións e os seus privilexios foron abolidos. O firmán do sultan Mahmud II restaurounos en 1835, mais foron abolidos novamente na época dos Mozos Turcos.[1]
En 1912 Rodas, como o resto de illas do Dodecaneso, estivo baixo dominio italiano.[1] Nun comezo respectaron a Igrexa, mais a partir de 1923 comezou unha campaña de italianización das illas, enviando colonos italianos ás mesmas e procurando o seu casamento con gregos e a Igrexa ortodoxa foi substituída pola católica.[Cómpre referencia] O peso da ocupación caeu especialmente sobre o metropolita Apostolos Trifonos, quen renunciou en 1946.[1] Logo da incorporación do Dodecaneso a Grecia, a Metrópole de Rodas entrou no seu período moderno da historia.
En 2004 perdeu xurisdición sobre as illas de Symi, Halki, Tilos e Kastellorizo, que formaron a metrópole de Syme; e sobre a illa de Nísiros, que pasou a formar parte da metrópole de Cos.[1]
Espiscopoloxio
[editar | editar a fonte]- Gerásimos (1910 - 1912)
- Beniamín Kyriakoy (1912 - 1913)
- Apostolos Tryfonos (1913 - 1946)
- Timotheos Evangelinidis (1947 - 1949)
- Spyridon Synodinos (1951 - 1988)
- Apostolos Dimelis (1988 - 2004)
- Kyrillos Kogerakis (2004 - actualidade)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en grego).