Saltar ao contido

Mickaël Mokongo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMickaël Mokongo
Nome orixinal(fr) Mickael Mokongo Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xullo de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Bangui, República Centroafricana Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso89 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor en Wikidata -
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Élan Chalon
BCM Gravelines
JL Bourg
Participou en
2017FIBA AfroBasket 2017
20132013 FIBA Africa Championship (en) Traducir
20112011 FIBA Africa Championship (en) Traducir
AfroBasket 2021 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Mickaël Benoit "Michael" Mokongo, nado o 11 de xullo de 1986 en Bangui, República Centroafricana, é un xogador profesional de baloncesto francés actualmente sen equipo. É internacional nas categorías inferiores da selección francesa e coa selección absoluta centroafricana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun antigo xogador da selección centroafricana de baloncesto, Mokongo comezou a súa andaina no baloncesto europeo coas categorías inferiores do ÉS Chalon, co cal pasaría a debutar na Ligue Nationale de Basketball (máxima categoría do baloncesto francés) en 2003. Manteríase no club até 2006, chegando a xogar na ULEB Cup e sendo chamado para xogar no All-Star en 2005.

Posteriormente ficharía pola Orlandina da Serie A italiana (máxima categoría italiana), onde sería titular facendo 7 puntos, 2 rebotes e 3 asistencias por encontro. Posteriormente marcharía cara Turquía, a xogar co Bandırma Banvit da primeira división, facendo 10 puntos, 2 rebotes e case 4 asistencias por encontro. Con todo, foi traspasado no mercado de inverno ao BCM Gravelines da Ligue Nationale de Basketball até final de tempada. Ao ano seguinte asinaría co Cholet Basket co cal tamén xogaría en competicións europeas, chegando a xogar a final do EuroChallenge

Ao final da tempada marcharía cara Chipre, onde xogaría co Apoel Nicosia da primeira división. Xogando de titular gañaría a liga do país, ademais de xogar de novo en competicións europeas. Ao ano seguinte Mokongo asina co Club Ourense Baloncesto, onde é despedido no mes de xaneiro por mor dos malos resultados do equipo até ese momento. Así, o 9 de febreiro de 2011 Mokongo asinaría co Breogán de Lugo até final da tempada.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]