Micro Audio Waves
Micro Audio Waves | |
---|---|
Orixe | |
Período | 2000 - actualidade |
Xénero(s) | Electrónica |
Membros | Flak C. Morgado Claudia Efe |
Na rede | |
Sitio oficial | |
Os Micro Audio Waves son un grupo musical portugués de música electrónica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixinalmente un dúo formado por Flak (guitarrista dos Radio Macau) e C. Morgado (instrumentos electrónicos) o grupo apareceu en 2000, e comezou por desenvolver composicións cunha orientación minimalista e experimental. Ese primeiro estilo pode ser ouvido no seu primeiro álbum Micro Audio Waves, lanzado en 2002.
3º Elemento
[editar | editar a fonte]Coa entrada de Claudia Efe (voz) como membro efectivo do grupo, o proxecto asume unha nova dirección. A electrónica máis purista foi substituída por cancións electro-acústicas de estrutura máis clásica, sen traizoar a compoñente experimental. O álbum "No Waves", lanzado en 2004, foi considerado como un dos máis excitantes álbums do ano por John Peel da BBC Radio One, e gañou o Qwartz Electronic Music Awards en París (mellor álbum e mellor videoclip).
O logro principal foi a canción "Fully Connected", na cal as instrucións de montaxe dun aparello de estudo (lixeiramente alteradas, por exemplo "until the cable is fully connected" pasou a "until the body is fully connected") son cantadas dunha maneira moi sexy por Claudia Efe. O mesmo tipo de letra aparece na canción "sold out" (instrucións dun procesador de son).
Outro álbum, Odd Size Baggage foi posto á venda en abril de 2007. Dúas cancións, "down by flow" e "odd size baggage" xa foran presentadas. A canción "odd size baggage" mantén a tradición de letras baseadas en folletos de instrucións, neste caso as dun servizo de protección anti-roubo, StopTrack.
Zoetrope
[editar | editar a fonte]En 2009, os Micro Audio Waves xúntanse ao coreógrafo Rui Horta[1] para crearen "Zoetrope", un espectáculo multimedia so a forma de concerto encenado, híbrido entre a música, o vídeo, o movemento e a poesía. Tras estrea mundial en Moscova, "Zoetrope" ten percorrido varios escenarios nacionais e internacionais. Unha edición en DVD está prevista para outubro de 2009[2].
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Micro Audio Waves (2002)
- No Waves (2004)
- Odd Size Baggage (2007)
DVD
[editar | editar a fonte]- Zoetrope (2009)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Disco Dixital Micro Audio Waves traballan con Rui Horta
- ↑ Blitz.pt[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Micro Audio Waves no Myspace
- Sitio web OficialArquivado 01 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.
- Last.Fm Biografía na Last.fm
- Magic Music
- Down by Flow
- Fully Connected
- 2night