Saltar ao contido

Millions Now Living Will Never Die

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Millions Now Living Will Never Die
Álbum de Tortoise
Publicado30 de xaneiro de 1996
Gravaciónxuño - setembro de 1995
Duración42:56 (versión estadounidense)
64:30
68:42 (versión xaponesa)
Xénero(s)post-rock
Selo(s)Thrill Jockey
ProdutorJohn McEntire
Cronoloxía
Rhythms, Resolutions & Clusters Millions Now Living Will Never Die TNT
Na rede
Discogs: 3701 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Millions Now Living Will Never Die é o segundo álbum da banda estadounidense de post-rock Tortoise, editado o 30 de xaneiro de 1996 a través do selo Thrill Jockey Records. O traballo foi recoñecido como un innovador disco de post-rock e aparece no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die. No ano 2008 foi interpretado integramente ao vivo no festival All Tomorrow's Parties.

O título do álbum está sacado dunha frase usada polas testemuñas de Xehová, especialmente a comezos do século XX. É, por exemplo, o título dun ensaio escrito por Joseph Franklin Rutherford, que foi o segundo presidente da Watch Tower Bible and Tract Society.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Tortoise (Dan Bitney, John Herndon, Douglas McCombs, John McEntire e David Pajo), agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Djed"    20:57
2. "Glass Museum"    5:27
3. "A Survey"    2:52
4. "The Taut and Tame"   5:01
5. "Dear Grandma and Grandpa"    2:49
6. "Along the Banks of Rivers"    5:50
42:56
Cancións extra da edición xaponesa
N.º Título Duración
7. "Gamera"   11:55
8. "Goriri"   6:39
9. "Restless Waters"   3:41
65:11
Canción extra da reedición xaponesa de 2001
N.º Título Duración
10. "A Grape Dope"   4:12
69:23