Milutin Ivković
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1906 Belgrado, Serbia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 25 de maio de 1943 (37 anos) Jajinci (Reino de Iugoslavia) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | homicidio | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Belgrado (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1922 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Carreira militar | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rango militar | Tenente | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Conflito | Segunda Guerra Mundial na Iugoslávia (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Iugoslavia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xullo de 1930 | Mundial de Fútbol Uruguai 1930 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1928 | Xogos Olímpicos de 1928 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Milutin Ivković (en serbio: Милутин Ивкoвић), nado en Belgrado o 3 de marzo de 1906 e finado o 25 de maio de 1943, foi un médico e futbolista iugoslavo, que xogaba de defensa. Foi internacional coa selección de Iugoslavia, á que capitaneou nos Xogos Olímpicos de 1928 e na Copa do Mundo de 1930, a primeira da historia.
Trala súa carreira como futbolista, foi un activista comunista e foi asasinado pola Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial, no campo de concentración de Banjica, preto de Belgrado.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ivković naceu en Belgrado o 3 de marzo de 1906. Seu pai, Jovan Ivković, era un xeneral do exército e súa nai, Milica, era filla do mariscal serbio Radomir Putnik.[1] Pasou a súa infancia en Niš e Kragujevac, as cidades nas que serviu seu pai, acompañado polos seus dous irmáns e tres irmás.[1] Xa durante a infancia participou en sabotaxes ás forzas austro-húngaras que ocuparon o seu pais durante a primeira guerra mundial.[1] Foi nesta época cando recibiu o seu alcume de Milutinac.
Comezou a xogar ao fútbol no modesto Obilić, pasando logo ao equipo xuvenil do SK Jugoslavija. En novembro de 1922 debutou co primeiro equipo e militou no club de Belgrado ata 1929, xogando un total de 235 partidos, e conquistando dúas ligas iugoslavas (en 1924 e 1925). Cara ao final da súa carreira fichou por outro club de Belgrado, o humilde Soko (chamado máis tarde BASK), a pesar de ter ofertas doutros equipos de máis categoría.[1] Nos seus últimos anos xogou no FK Župa Aleksandrovac.
Selección iugoslava
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección iugoslava nun total de 39 ocasións. Debutou o 28 de outubro de 1925, nun partido amigable contra Checoslovaquia en Praga que acabou con derrota por 7-0. En 1928 capitaneou á selección nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdam, pero foi expulsado no primeiro partido, no que o seu equipo caeu eliminado contra Portugal.[2][3]
En 1930 participou na primeira Copa do Mundo de Fútbol, en Montevideo, de novo como capitán da selección iugoslava. Derrotaron na primeira fase ao Brasil e a Bolivia, grazas en boa medida a unha sólida defensa e aos goles de Ivan Bek.[1][4][5] Nas semifinais enfrotáronse ao poderoso Uruguai, e aínda que conseguiron adiantarse cun gol de Đorđe Vujadinović, o equipo celeste remontou e anotou 6 goles, 3 deles obra do dianteiro galego-uruguaio Pedro Cea.[6]
O seu último partido na selección disputouno o 16 de decembro de 1934 contra Francia en París, con vitoria francesa por 3-2.
Fóra do fútbol
[editar | editar a fonte]En 1931 graduouse na Facultade de Medicina da Universidade de Belgrado e tras completar o servizo militar abriu unha consulta na rúa Dobračina de Belgrado. Posteriormente especializouse en dermatoloxía.[1] Uniuse ao Movemento Progresista e foi un dos líderes do boicot aos Xogos Olímpicos de Berlín en 1936. En xuño de 1938 converteuse no editor de Mladost, publicación lanzada por iniciativa da Liga da Xuventude Comunista.
Durante a ocupación de Iugoslavia polas potencias do Eixe na segunda guerra mundial, cooperou cos partisanos iugoslavos. Foi perseguido e en varias ocasións arrestado pola Gestapo.[7] O 24 de maio de 1943 ás 23:45 horas foi arrestado "por actividades comunistas" e enviado ao campo de concentración de Jajinci, onde foi executado a tiros 6 horas despois da medianoite.[1] O seu corpo nunca foi atopado.
A Asociación de Fútbol de Serbia creou en 1951 unha placa na súa honra no estadio JNA (hoxe propiedade do Partizán de Belgrado). Ademais unha rúa xunto ao estadio Estrela Vermella (antigo campo de xogo do SK Jugoslavija) leva o seu nome. En 2013 inauguruouse nos arredores do mesmo estadio un monumento realizado por Vladimir Jokanović.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Un mes despois de regresar da Copa do Mundo de Montevideo, casou en Novi Sad con Ela Pops, unha estudante de Dereito. filla dun destacado avogado de Belgrado. Con ela tivo dúas fillas, Gordana e Mirjana.[1] A muller faleceu en 1938 por tuberculose, polo que tivo que criar el só, con axuda da súa nai, ás súas dúas fillas, que naquel momento tiñan sete e catro anos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Milutin Ivković". Federación Serbia de Fútbol (en serbio). Consultado o 28 de outubro de 2021.
- ↑ "Goool! Balerina i ekipa ispisuju istoriju našeg fudbala". ekspres.net (en bzr). Consultado o 28 de outubro de 2021.
- ↑ "Iugoslavia - Portugal 1928". FIFA (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2021.
- ↑ "Iugoslavia - Brasil 1930". FIFA (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2021.
- ↑ "Iugoslavia - Bolivia 1930". FIFA. Consultado o 28 de outubro de 2021.
- ↑ "Uruguai - Iugoslavia 1930". FIFA (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2021.
- ↑ "Milutin Ivković". olympedia.org (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador no sitio web da Federación Serbia de Fútbol (en serbio).
- Nados en 1906
- Nados en Belgrado
- Defensas de fútbol
- Futbolistas de Serbia
- Xogadores do SK Jugoslavija
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1930
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1928
- Futbolistas olímpicos de Iugoslavia
- Xogadores da selección de fútbol de Iugoslavia
- Finados en 1943
- Asasinados polo réxime nazi
- Personalidades da segunda guerra mundial
- Finados en campos de concentración nazis
- Comunistas de Serbia