Mirón (escultor)
Nome orixinal | (el) Μύρων ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século V a. C. ![]() Eleutera, Grecia (pt) ![]() ![]() |
Morte | século V a. C. ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Antiga Atenas ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura ![]() |
Lugar de traballo | Atenas Grecia antiga ![]() |
Ocupación | escultor , artista , broncista ![]() |
Período de tempo | Antigüidade clásica ![]() |
Período de actividade | (Con vida en: século V a. C. ![]() |
Movemento | Arte grega ![]() |
Lingua | Grego antigo ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia![]() | |
Fillos | Lycius (pt) ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/42/Roman_bronze_copy_of_Myron%E2%80%99s_Discobolos%2C_2nd_century_CE_%28Glyptothek_Munich%29.jpg/200px-Roman_bronze_copy_of_Myron%E2%80%99s_Discobolos%2C_2nd_century_CE_%28Glyptothek_Munich%29.jpg)
Mirón, en grego antigo Μύρων, de Eleutera, localidade sita no linde entre Beocia e Atenas, foi un escultor grego ( primeira metade do século V a. C.) do período clásico da arte grega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Debeu quizais ser discípulo de Axeladas, como probablemente Fidias e Policleto. Concentrou a súa actividade en Atenas. Traballou utilizando o bronce, mais ningunha das súas obras orixinais chegou directamente ata nós, porén podemos ter unha idea das súas cualidades artísticas a través das numerosísimas copias romanas, en mármore, e que demostran a popularidade da que gozou na Antigüidade.
A súa obra máis notábel é, sen dúbida o Discóbolo. Nesta estatua, Mirón representou un atleta espido no momento de esforzo, cando concentra toda a súa enerxía antes de lanzar o disco. Con perfecta harmonía de movementos tensos, o Discóbolo aparece inmóbil, nunha pose fóra do tempo. Mais o artista non quixo representar o movemento dun home singular nun intre dado, senón a mesma idea de movemento. A estatua orixinal foi fundida para facer un canón. Este acto bárbaro, non puido borrar a memoria dunha das máximas obras mestras da historia da arte.
Outra obra célebre de Mirón é o grupo de Atenas e Marsias, datábel arredor do 455 a.C.
Aínda por mor da súa grandeza, tense atribuído a Mirón os Bronces de Riace, sobre cuxa autoría existe un debate aberto.