Mirentxu
Mirentxu | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Libretista | Alfredo Echave |
Estrea | 31 de maio de 1910 (como zarzuela) 1912 (como ópera) |
Teatro da estrea | Teatro Campos Elíseos |
Lugar da estrea | Bilbao |
Música | |
Compositor | Jesús Guridi |
Mirentxu é unha ópera (denominada idilio lírico vasco en dous actos) en dous actos e un epílogo con música de Jesús Guridi sobre un libreto de Alfredo Echave. Foi estreada como zarzuela o 31 de maio de 1910 no Teatro Campos Elíseos de Bilbao. Posteriormente o propio compositor a transformou en ópera en 1912. Foi un encargo da Sociedad Coral de Bilbao.
Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con tan só unha representación no período 2005-2010.[1]
Argumento
[editar | editar a fonte]Mirentxu conta a historia de Manu e a súa filla Mirentxu, que viven en Errotatxiki, un muíño xunto ás ruínas dunha antiga ferrería vasca. Mirentxu namórase de Raimundo, sobriño do muiñeiro que tamén vive con eles. Porén, as cousas non serán doadas para a moza xa que no seu camiño se interporá Presen, a mellor amiga de Mirentxu, o que dá lugar a un perigoso triángulo amoroso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 02 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |