Modesto Prieto Camiña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Vigo, España |
Morte | século XX valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista, pintor |
Modesto Prieto Camiña, nado en Vigo, foi un escritor, xornalista e pintor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi profesor axudante do Instituto Nacional de Segunda Ensinanza de Vigo e membro da Sociedad de Amigos del Arte. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurado, sendo separado do cargo e inhabilitado.[1] Nun intento de escapar das consecuencias do seu pasado político republicano, participou en febreiro de 1937 nun mitin organizado polo SEU no Cine Odeón de Vigo xunto a Jesús Suevos e Ramón González-Alegre.[2] Enrolouse no exército franquista.[3] Colaborou en Eco de Galicia, Vida Gallega, Ideal Gallego, La Voz del Agro, Las Riberas del Eo, Vida Gallega e Cultura Gallega. É autor da zarzuela La princesa del castillo estreada en Vigo en 1925 e do drama en dous actos Rosiña, con José Bremón Sánchez, estreado en febreiro de 1936.[4] Foi un dos fundadores do Sindicato Nacional de Escritores Españoles. Nos anos cincuenta residía en Madrid.[5]