Moeda dun franco Primeira República (1992)
1 franco Primeira República (1992) [1][2][3] | |
---|---|
A/: Busto drapeado da Liberdade cara á esquerda con barrete frixio. No exergo sinatura do gravador.
Lendas: RÉPUBLIQUE FRAÇAISE |
R/: Valor facial dentro dunha coroa de pólas de oliveira. No exergo a data e marcas de ceca (caduceo e golfiño).
Lendas: LIBERTÉ ÉGALITÉ FRATERNITÉ /1 FRANC / 1992 |
|
O franco Primeira República é unha moeda con valor facial dun franco francés emitida en 1992 en conmemoración do bicentenario da proclamación da primeira República Francesa, en 1792.[1][2][3]
Moeda circulante
[editar | editar a fonte]Tanto o anverso como do reverso desta moeda retoman dous deseños moi característicos de diversas moedas francesas da primeira República.[1][2]
O anverso reproduce a mítica Marianne revolucionaria creada polo gravadior xeral de moedas de Francia Agustin Dupré (1748-1833) en 1795, inspirándose en Minerva, deusa da intelixencia e da sabedoría, co barrete frixio símbolo da liberdade. Este anverso foi utilizado en varias das primeiras moedas republicanas francesas a partir do ano 4 da Revolución (1795).[1][2]
O reverso é un deseño de Pierre-Joseph Tiolier (1763-1819), tamén gravador xeral, que caracterizou unha gran cantidade de moedas francesas de todo o século XIX e mesmo de épocas posteriores.[1][2]
Da produción do franco conmemorativo do bicentenario da proclamación da primeira República Francesa encargouse a Monnaie de Paris.[1][2]
Existe unha variante da moeda, á parte do seu modelo estándar. Trátase dunha tiraxe reducida cun acabamento especial (proof ou essai), con fondo espello e relevo mate, na que se inscribiu a palabra ESSAI en letras verticais pequenas no anverso, á dereita do busto da Marianne.[1][4]
Tiraxes
[editar | editar a fonte]Ano de emisión | Tipo | Exemplares cuñados |
---|---|---|
1992 | Proof - Essai | 1.850 |
Estándar | 30.000.033 |
Emisións especiais
[editar | editar a fonte]Á parte da súa emisión ordinaria, destinada á súa posta en circulación, existen tamén outras tres versións desta moeda destinadas ao mercado do coleccionismo e do investimento: unha delas é a cuñada en platino (999 milésimas, 24 mm, 11 g), cunha tiraxe de 2.000 exemplares;[5][6] outra en ouro (920 milésimas, 24 mm, 9 g), cunha tiraxe de 5.000 exemplares;[7][8] e unha terceira en prata de tamaño meirande (900 milésimas, 28 mm, 15,55 g), da que se cuñaron 40.000 exemplares.[9][10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "1 franc République Nickel". fr.numista.com
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "1 Franc (200th Anniversary of the First French Republic)". Colnect.com
- ↑ 3,0 3,1 Lauber W. (2013). Páxinas 113, 115 (foto na páxina 112).
- ↑ "1 Franc (200th Anniversary of the First French Republic- Essai)". Colnect.com
- ↑ "1 franc République Platine". fr.numista.com
- ↑ "1 Franc (200th Anniversary of French Republic - Platinum)". Colnect.com
- ↑ "1 franc République Or". fr.numista.com
- ↑ "1 Franc (200th Anniversary of the First French Republic - Gold)". Colnect.com
- ↑ "1 franc République Argent". fr.numista.com
- ↑ "1 Franc (200th Anniversary of the First French Republic - Silver)". Numista.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094
- Lauber W. (2013). "Les monnaies commémoratives de la Cinquième Republique. Partie 1: Les pièces de 1 franc". En Moneta. Société numismatique d'Ottawa. Vol. 4. Nº 3. Marzo. Páxinas 110-115, 122.