Monster Magnet
Monster Magnet | |
---|---|
Orixe | Nova Jersey, |
Período | 1989 - presente |
Xénero(s) | heavy metal, stoner metal, hard rock, rock psicodélico, space rock |
Selo(s) discográfico(s) | Glitterhouse Records, Caroline Records, Atypeek Music, A&M Records, SPV Records, Napalm Records |
Membros | Dave Wyndorf Garrett Sweeny Phil Caivano Jim Baglino Bob Pantella |
Antigos membros | Ed Mundell Joe Calandra Jon Kleiman Michael Wildwood John McBain Tim Cronin Tom Diello |
Na rede | |
monstermagnet.net | |
Monster Magnet é unha banda estadounidense de stoner rock procedente de Red Bank, Nova Jersey. Foi fundado por Dave Wyndorf (voces e guitarra), John McBain (guitarra), Tom Diello (batería) e Tim Cronin (voces e baixo) en 1989. O grupo tivo primeiro o nome de "Dog of Mystery" e posteriormente "Airport 75" antes de quedar co definitivo "Monster Magnet", collido dun xoguete dos anos 60 que lle gustaba a Wyndorf cando era neno.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1989 Monster Magnet editou dúas casetes demo: Forget About Life, I'm High on Dope e I'm Stoned, What Ya Gonna Do About It?. O primeiro lanzamento "oficial" da banda sería un EP auto-titulado publicado polo selo alemán Glitterhouse Records. O EP contiña os temas "Snake Dance" e "Nod Scene" (que aparecerían despois en Spine of God) e "Tractor" (re-gravado posteriormente para Powertrip).
En 1991 a banda asinou un contrato con Caroline Records e lanzou o seu primeiro álbum, Spine of God, en 1992. O álbum é considerado como un dos clásicos do xénero stoner rock. O traballo contén o sinxelo "Medicine" (que sería regravado anos máis tarde en God Says No), que tamén foi o primeiro videoclip do grupo. A banda comezou unha xira xunto con Soundgarden, e esta permitiu que Monster Magnet asinase un contrato co selo A&M Records.
A súa última edición con Caroline Records foi un EP titulado Tab que incluía, entre outras dúa longas cancións, un tema de 32 minutos chamado "Tab...". McBain deixou a banda pouco despois e foi substituído polo guitarrista de Atomic Bitchwax Ed Mundell.
En 1993 apareceu o álbum Superjudge a través de A&M Records, pero non tivo moito éxito comercial. As cancións "Twin Earth" e "Face Down" foron lanzadas como sinxelos (acompañadas dos seus respectivos videoclips), pero pouco fixeron para axudar a promocionar o álbum.
O seu seguinte traballo, Dopes to Infinity', aparecido en 1995, tivo o éxito "Negasonic Teenage Warhead", e o seu video apareceu regularmente na MTV. Aínda así o álbum non tivo o éxito que a banda agardaba.
Despois da xira de Dopes to Infinity, Wyndorf mudouse a Las Vegas, Nevada para comezar a traballar en Powertrip. O álbum lanzouse en 1998 e foi un éxito que lle deu á banda un disco de ouro. O guitarrista Phil Caivano uniuse ao grupo nese mesmo ano. "Space Lord", o primeiro sinxelo do novo traballo, foi un hit nas radios e a banda saíu de xira con Aerosmith, Metallica, Rob Zombie e Marilyn Manson. As cancións "Powertrip", "Temple of Your Dreams" e "See You In Hell" tamén foron emitidas frecuentemente en radios de rock. O álbum acadou o posto 97 na lista Billboard 200.
Despois de dous anos de xira para promocionar Powertrip, a banda editou God Says No no ano 2000, acadando o número 153 da Billboard. Porén, non tivo o mesmo éxito comercial que o anterior traballo do grupo. Despois do lanzamento, Joe Calandra e Jon Kleiman deixaron Monster Magnet. Estes serían substituídos por Jim Baglino e Michael Wildwood, que gravaron Monolithic Baby!. Despois dun breve período Wildwood foi substituído polo antigo batería de Love Among Freaks Bob Pantella. O grupo tamén deixou A&M Records durante este tempo.
Monster Magnet compuxo e interpretou "Live For The Moment", que vén sendo o tema oficial da estrela da WWE Matt Hardy dende 2002. A canción tamén apareceu no recompilatorio WWF Forceable Entry.
En 2003, Monster Magnet editou Greatest Hits, un dobre álbum cos seus mellores temas, algunhas rarezas, e vídeos musicais da súa etapa con A&M. Entón asinaron co selo europeo SPV, e a principios do 2004 publicaron Monolithic Baby! en Europa. A edición estadounidense foi no mes de maio a través de SPV America. A banda tivo un éxito menor coa canción "Unbroken (Hotel Baby)".
En marzo do 2005 Caivano marchou despois de sete anos no grupo. Para marzo do 2006 agardábase a continuación de Monolithic Baby!, para coincidir coa súa xira europea, xunto coas re-edicións de Spine of God e Tab, porén, a xira e as edicións non se levaron a cabo.
O 27 de febreiro do 2006 Dave Wyndorf tivo unha sobredose de medicamentos recetados.
En 2007 anunciouse que Monster Magnet lanzaría un novo álbum, 4-Way Diablo, que se atrasou un ano debido á sobredose de Wyndorf. O disco foi gravado posteriormente ese mesmo ano. Tamén en 2007 apareceu un nomo recompilatorio de grandes éxitos, 20th Century Masters - The Millennium Collection: The Best of Monster Magnet.
Antes da xira europea de Monster Magnet do 2008, Caivano regresou á banda.
O 24 de novembro do 2009 anunciouse que Monster Magnet asinara un novo contrato con Napalm Records. A banda tamén anunciou que entraría no estudio en xaneiro do ano seguinte para gravar un novo disco que sería editado cara ao verán.
O novo traballo, titulado Mastermind, foi publicado no mes de outubro do 2010. A banda iniciou unha xira europea en agosto, e que continuou en novembro e decembro, para promocionar o novo disco.
O 3 de novembro Dave Wyndorf anunciou que Ed Mundell deixara a banda por razón persoais e que Garrett Sweeny sería o encargado de ocupar o seu lugar na xira.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Spine of God | 1991 | Caroline Records |
Superjudge | 1993 | A&M Records |
Dopes to Infinity | 1995 | A&M Records |
Powertrip | 1998 | A&M Records |
God Says No | 2001 | A&M Records |
Monolithic Baby! | 2004 | SPV |
4-Way Diablo | 2007 | SPV |
Mastermind | 2010 | Napalm Records |
Last Patrol | 2013 | Napalm Records |
Mindfucker | 2018 | Napalm Records |
A Better Dystopia | 2021 | Napalm Records |
EPs
[editar | editar a fonte]- Monster Magnet - 1990 (Glitterhouse Records)
- Tab - 1991 (Caroline Records)
- Love Monster - 2001 (Wrong Way Records)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)