Saltar ao contido

Monte Penide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMonte Penide
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRedondela, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°16′14″N 8°37′43″O / 42.2706, -8.6286
Características
Altitude449 m Editar o valor en Wikidata
Mámoa do Rei, no Monte Penide.

O Monte Penide é un macizo montañoso de 450 metros de altura que se atopa no concello pontevedrés de Redondela[1]. O complexo do monte Penide atópase nas elevacións montañosas situadas no extremo suroeste do concello, nas parroquias de Negros, Trasmañó e Cedeira.

Patrimonio arquelóxico

[editar | editar a fonte]
Mámoa do Rei, túmulo do Monte Penide, na parroquia de Trasmañó.

No seu cumio posúe un conxunto arqueolóxico conformado por petróglifos, mámoas e outros elementos arqueolóxicos que converten a este conxunto na necrópole con máis sitios arqueolóxicos da provincia de Pontevedra[2]. Os máis antigos están datados no paleolítico inferior, no período do plistoceno.[3]

Os túmulos son construcións de pedras e terra baixo as que as culturas prehistóricas enterraban os seus mortos. Estas construcións megalíticas estiveron moi estendidas na costa atlántica galega durante o neolítico até a idade de Bronce. Entre os túmulos ou mámoas máis importantes destacan:[3]

  • Mámoas do Chan da Cruz: constitúen un total de 31 mámoas. Entre elas destaca a Mámoa do Rei[4], unha das mellor conservadas, e que está formada por unha gran cámara arrodeada por seis lousas formando unha cámara pechada.
  • Mámoa de Coto Feneiro
  • Mámoas do Chan do Rato: composto por dúas mámoas.
  • Mámoas das Pedras dos Picos: en total dúas mámoas.
  • Mámoas do Monte Vixiador: en total dúas mámoas.
  • Mámoas do Castro Ferreiro: conformado por 3 mámoas.
  • Mámoa de Teixugueiras de Poza Lagoa

Petróglifos

[editar | editar a fonte]
Petróglifo no Monte Penide.

Ademais do fenómeno tumulario, pódense observar numerosos petróglifo, unhas representacións gráficas gravadas nas rochas ou pedras. No monte Penide están os seguintes petróglifos:[3]

  • Petróglifos do Chan da Cruz: formado por catro rochas que conteñen motivos circulares, óvalos e cazoletas.
  • Petróglifos do Coto da Rola: formado por catro petróglifos.
  • Petróglifos de As Porteliñas: formado por dous petróglifos.
  • Petróglifos do Chan do Rato: formado por dous petróglifos.
  • Petróglifos do Poza da Lagoa: formado por catro petróglifos.
  • Petróglifos do Coto Fenteira: formado por tres petróglifos.
  • Petróglifo de Eira Pedriña
  • Petróglifos do Coto do Corno:[5] Correspóndense con dous petróglifos nos que predominan os motivos circulares que ocupan case toda a superficia da pedra.
  • Petróglifos do Castro de Negros: trátase de 6 petróglifos situados no castro de Negros.
  1. "Diagnóstico socioeconómico do concello de Redondela: Patrimonio arqueolóxico." (PDF). Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 
  2. "Visitas guiadas á Área Arqueolóxica Monte Penide, Redondela" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Museo Virtual de Monte Penide Prehistórico". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 
  4. "Ficha da Mámoa do Rei" (PDF). AGADER. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 
  5. "Ficha do Petroglifo do Coto do Corno" (PDF). AGADER. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hidalgo Cuñarro, José Manuel; Costas Goberna, Fernando Javier (1980). "El gran conjunto megalítico de monte Penide, Redondela, Pontevedra". El Museo de Pontevedra. XXXIV: 79–108. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]