Monte do Castro, Ribadumia
Monte do Castro, Ribadumia | |
---|---|
Parroquia | Leiro e Besomaño |
Concello | Ribadumia |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | GA36046001 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | en estudo |
Períodos de escavación | dende 2011 |
Estado actual | en escavación |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
O Monte do Castro ou Castro de Lameán de Arriba, de Ribadumia é un poboado castrexo situado entre as parroquias de Besomaño e Leiro. Está a ser escavado e restaurado dende o ano 2011, con financiamento da Deputación de Pontevedra e dirección do arqueólogo Rafael Rodríguez.
O castro caracterizábase por estar moi destruído por canteiras e obras recentes para a extracción de xabre. Porén, a intervención arqueolóxica no socalco occidental permitiu coñecer unha enorme cantidade de estruturas de diferentes épocas, nun relativamente bo estado de conservación. Nun momento da súa historia o castro semella ter sido destruído completamente por un incendio: este feito tende a interpretarse como froito da violencia da conquista romana, a raíz dos restos atopados[1].
Entre os achados de maior relevancia pode destacarse unha escultura antropomorfa toscamente tallada e moi erosionada, aparecida na muralla na zona da entrada na campaña do ano 2012. Este e outros obxectos procedentes do lugar están expostos no "edificio Sarmiento" do Museo de Pontevedra.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Escultura antropomorfa atopada na muralla do Monte do Castro de Ribadumia.
-
Caldeiro de bronce atopado durante as escavacións
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Unha traxedia a finais da idade do ferro", artigo de Manuel Gago Mariño no blog Capítulo 0, 22 de setembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monte do Castro, Ribadumia |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre o sitio en Pousadas do Salnés, Deputación de Pontevedra.
- "Descubren la estatuilla de un ídolo guerrero en el Monte do Castro", artigo en Diario de Arousa, 26 de decembro de 2012 (en castelán).
- Castro de Leiro na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.