Montes Pónticos
Tipo | cordilleira | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | cinturón alpino | |||
Localización | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | Turquía | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 3.937 m | |||
Dimensións | 60 () × 1.000 () km | |||
Punto máis alto | Kaçkar Dağı (pt) (3.932 m ) | |||
Os montes Pónticos ou Alpes Pónticos (en turco: Kuzey Anadolu Dağları, que significa Montes de Anatolia do Norte) forman unha cordilleira no norte de Anatolia, Turquía. Son coñecidos como Montes Parhar nas linguas locais turca e grego póntico. O vocábulo Parhar procede dunha palabra hitita que significa "alto" ou "cumio".[1] En grego antigo os montes coñecíanse como os Paryadres[2] ou montañas Parihedri.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O cordal vai de leste a oeste, paralelo á próxima costa do mar Negro. Esténdese polo nordés ata Xeorxia e polo oeste ata o mar de Mármara, co contraforte ao noroeste dos montes Küre (e a súa extensión occidental, os montes Akçakoca) e dos montes Bolu, seguindo a costa. O pico máis alto da cordilleira é o Kaçkar Dağı, que alcanza os 3937 m. As fallas de Anatolia Norte e de Anatolia Nordés, de leste a oeste, corren ao longo do cordal.
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Os montes están en xeral cubertos por bosques densos, predominantemente de confíeras. Estes bosques forman unha ecorrexión que cobre a maioría da cordilleira, mentres que os bosques mixtos do Cáucaso se estenden pola parte máis oriental do cordal, coñecido como montes Kaçkar. A rexión é o fogar de moita fauna eurasiática como o gabián eurasiático, a aguia real, a Aquila heliaca, a aguia pomerana, o Lyrurus mlokosiewiczi, o Serinus pusillus e o gabeador vermello.[4] A estreita faixa costeira entre os montes e o mar Negro, coñecida como Ponto é o fogar dos bosques de frondosas de Ponto Euxido-Cólquida que contén algúns dos poucos bosques temperados húmidos do mundo. A meseta de Anatolia, ao sur do cordal, ten un clima continental considerabelmente máis seco que a húmida costa.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Karadeniz Ansiklopedik Sözlük". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2008. Consultado o 12 de agosto de 2020.
- ↑ Estrabón (1923). "XI". Geography. p. xii.4.
- ↑ Pliny, the Elder (77-79). "VI". Natural History. p. iix.25.
- ↑ Couzens, Dominic (2008). Top 100 Birding Sites of the World. University of California Press. pp. 73–75. ISBN 978-0-520-25932-4.
- ↑ "Pontic Mountains and highlands". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2014. Consultado o 12 de agosto de 2020.