Mosteiro de Poblet
Mosteiro de Poblet | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | mosteiro cistercense ![]() | |||
Estilo | arte cisterciense ![]() | |||
Material usado | pedra ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | Provincia de Tarragona | |||
Ámbito funcional territorial | Camp de Tarragona | |||
Comarca | Conca de Barberà | |||
Concello | Vimbodí i Poblet | |||
Núcleo | Poblet (pt) ![]() ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1150 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Altura | 11 m ![]() | |||
Perímetro | 608 m ![]() | |||
Superficie | 18 ha ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto/a | Arnau Bargués ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Patrimonio da Humanidade ![]() | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1991 (15ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (iv) ![]() | |||
Identificador | 518 | |||
| ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 13 de xullo de 1921 | |||
Identificador | RI-51-0000197 | |||
| ||||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Codi BCIN | 240-MH-EN ![]() | |||
Codi BIC | RI-51-0000197 ![]() | |||
Id. IPAC | 265 ![]() | |||
Id. IPAPC | 1413 ![]() | |||
| ||||
Monumentos do patrimonio histórico de España | ||||
Composto por | ||||
Composto por
| ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | poblet.cat ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Real Mosteiro de Santa María de Poblet (en catalán: Reial Monestir de Santa Maria de Poblet) é o prototipo de abadía cisterciense española. Localizado na comarca da Conca de Barberà, no termo municipal de Vimbodí i Poblet, en Tarragona, o primeiro cenobio foi impulsado e patrocinado por Ramón Berenguer IV, conde de Barcelona, que o entregou aos monxes bernardos da abadía de Fontfroide no ano 1149.
Foi panteón real da Coroa de Aragón, desde finais do século XIV ata a extinción da casa real de Aragón no século XV.
Enriquecido con distintas doazóns, alcanzou o seu máximo esplendor no século XIV, e a súa total decadencia e abandono en 1835 como consecuencia da desamortización de Mendizábal. En 1930 iniciouse a súa restauración, de forma que en 1935 puido dedicarse novamente a igrexa ao culto, e en 1940 retornaban á súa abadía algúns monxes. Non todos os espazos poden visitarse, por ser dependencias en clausura utilizadas polos cistercienses que de novo ocupan o mosteiro.
En 1991 foi declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade. Poblet, xunto con Guadalupe, El Escorial, San Millán de Yuso e San Millán de Suso son os mosteiros en España que gozan deste título.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista xeral
-
Porta Daurada
-
Porta barroca da igrexa
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mosteiro de Poblet |