Mosteiro de San Cibrao de Montecubeiro
Aparencia
Coord.: 43°05′N 7°20′O / 43.09, -7.33
Mosteiro de San Cibrao de Montecubeiro | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | mosteiro e igrexa ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Castroverde | |||
Parroquia | Montecubeiro ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O mosteiro de San Cibrao é un mosteiro medieval situado na parroquia de Montecubeiro, no concello de Castroverde.
Historia
[editar | editar a fonte]Ten orixe nos séculos XII-XIII e pertenceu á orde de San Bieito. A finais do século XV incorporouse ó convento de San Domingos de Lugo.
Estaba formado polo templo, o claustro e as dependencias dos monxes. O claustro está en ruínas. Na porta do patio exterior consérvase un chamador de ferro, cun martelo en forma de can e a cruz dominica. A igrexa foi reconstruída no ano 1787, cunha ampla nave con teito de madeira a dúas augas, e unha sala frontal no que se conserva unha primitiva pía bautismal. No interior hai un retablo con columnas salomónicas, e outros tres retablos laterais.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Foro do ano 1650.