Motosu
Aparencia
本巣市 (ja) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Xapón | ||||
Prefecturas | Prefectura de Gifu | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 32.664 (2020) (87,19 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 374,65 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de febreiro de 2004 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | city.motosu.lg.jp |
Motosu (本巣市, もとすし, Motosu-shi) é un concello da prefectura de Gifu no Xapón. Está situado no centro da rexión de Chūbu e da rexión de Tōkai, e ao sur da prefectura, na zona da provincia histórica de Mino, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 374,57 km², a poboación é de 34.984 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 93,4 h/km².
O concello de Motosu limita cos concellos de Ibigawa, Ōno, Mizuho, Kitagata, Gifu, Yamagata, Seki (que son da prefectura de Gifu); e Ōno (este último é da prefectura de Fukui).
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade de Motosu foi fundada pola fusión de tres concellos de vilas (Motosu-chō, Sinsei-chō e Itonuki-chō) e un concello de aldea (Neo-mura) do distrito de Motosu o 1 de febreiro de 2004.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]- Echizen, prefectura de Fukui, Xapón (1994).