Muharem Serbezovski
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de maio de 1950 ![]() Šuto Orizari, Macedonia do Norte ![]() |
Educación | Universidade de Saraxevo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, cantautor, político, escritor, artista discográfico ![]() |
Período de actividade | 1962 ![]() |
Xénero artístico | Folk, Turbofolk e música xitana ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Muharem Serbezovski, nado en Skopje o 2 de maio de 1950, é un político, escritor e cantante bosníaco de orixe romaní macedonia, que foi un dos cantantes romanís máis populares na antiga Iugoslavia. Publicou 12 álbums e 22 sinxelos e EP, a súa principal inspiración foi a música romaní aínda que tamén adoptou outros estilos, en especial a música turca.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no principal asentamento romaní de Skopje, Topaana, nunha familia numerosa,[2] seu pai era imán, malia todo a súa familia era pobre e tivo que traballar desde moi novo cantando en festas para gañar cartos.[3]
En 1962 apareceu o seu primeiro sinxelo Kalajđiljar Kalaj Japar con cancións en turco.[4] Logrou fama a finais da década de 1960, grazas á axuda do compositor Stevo Teodosievski e mais da súa dona, a cantante romaní Esma Redžepova. En 1968 publicou o seu segundo sinxelo, que incluía dúas cancións Džemile e Gili e halisake, a primeira en serbocroata, e a outra en romani, contou coa achega doutro amigo de Teodosievski, o clarinetista Medo Čun, e nelas están presentes tanto o seu estilo ornamental de cantar e a influencia turca que caracterizan a carreira de Muharem.[5]
En 1969 Serbezovski deixou Skopje, ao primeiro estableceuse en Belgrado, a capital iugoslava e o seu principal centro cultural. E logo en 1975 en Saraxevo.[3] A capital bosníaca entón experimentaba unha intensa vida cultural e unha atmosfera cosmopolita e oriental que atraeron ao cantante.[5]
Aínda que o seu estilo se inspira na música turca e en menor medida na árabe, tamén explorou a cultura india, moi influído polo cinema indio e a propia orixe india dos romanís, moitas cancións de Serbezovski amosan esa influencia, principalmente Ramu, Ramu e Ramajana, ámbalas dúas de 1974. A primeira fai referencia a un personaxe do filme indio homónimo e a segunda ao poema épico hinduísta Ramayana.[4][5]
Traballou con varios intérpretes iugoslavos como o seu propio irmán, Ajnur Serbezovski, con quen editou un sinxelo en 1976 e un álbum en 1982. Colaborou tamén con Toma Zdravković e Sinan Sakić.[3] Non obstante amosar orgullo pola súa orixe romaní cantou poucas veces en romaní, editando temas principalmente en serbocroata. Durante a guerra de Bosnia identificouse plenamente como bosníaco e cantou moitas cancións de guerra.[6]
Literatura
[editar | editar a fonte]Serbezovski foi responsable da primeira tradución ao romaní do Corán, fíxoo continuando o traballo de seu pai e publicouse en 2005. En 1983 saíu ao prelo a súa primeira novela Šareni dijamanti, seguíronlle Cigani a kategorije en 1985, Za dežjem pride sonce: dva romana en 1986, e un volume de poesía, Nitko ne zna puteve vjetrova i Cigana en 1999. Tamén publicou o ensaio, Cigani i ljudska prava en 2000. Nas súas obras de ficción trata da identidade romaní.[3]
Política
[editar | editar a fonte]Muharem Serbezovski implicouse durante a década de 2000 na política bosníaca, nun equilibro entre o activismo romaní e a súa propia asimilación na cultura bosníaca. Formou parte do Partido para Bosnia e Herzegovina, un partido nacionalista bosníaco de dereitas e resultou elixido para o Parlamento de Bosnia no período 2007-2011 coa pretensión de representar ao pobo romaní no panorama político bosníaco.[3] Acusado en 2009 de pegarlle a unha muller declarou que a violencia contra da muller era normal e parte da tradición dos Balcáns, o que causou consternación entre a opinión pública e as ONG que loitaban para coutar a violencia contra as mulleres.[7] En 2010 deixou o seu partido acusando os seus dirixentes de discriminación.[8]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Muharem Serbezovski, PGP-RTB, 1973.
- Hej, čergari, hej, drugari , PGP-RTB, 1976.
- Muharem i Ajnur Serbezovski, Jugoton, 1982 (con Ajnur Serbezovski).
- Disko Orijent, Jugoton, 1982.
- Dođi mi u godini jedan dan, Jugoton, 1983.
- Zašto su ti kose pobelele druže, PGP-RTB, 1984.
- Teška beše našata razdelba, PGP-RTB, 1985.
- Muharem Serbezovski, Jugoton, 1986 (co conxunto Crni Dijamanti).
- Zaljubih se..., Diskoton, 1987 (co conxunto Crni Dijamanti).
- Srećan 8. Mart, Diskoton, 1989 (co conxunto Crni Dijamanti).
- Bože, Bože, kakva je to žena, Diskoton, 1989.
- Lejla, Diskoton, 1991 (co conxunto Crni Dijamanti).
EPs
[editar | editar a fonte]- Kalajđiljar Kalaj Japar, Jugoton, 1962.
- Džemile, PGP-RTB, 1968.
- Šta će mi bogatstvo, PGP-RTB, 1969.
- Još uvek te volim, PGP-RTB, 1970.
- Alisa ne idi, PGP-RTB, 1971.
- Šeherezada, PGP-RTB, 1971.
- Spavaj, čedo, spavaj, PGP-RTB, 1972.
- Osman Aga, PGP-RTB, 1973.
- Srce cigansko, PGP-RTB, 1973.
- Ramajana, PGP-RTB, 1974 (coa agrupación de Medo Čun).
- Ramu, Ramu, PGP-RTB, 1974.
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- Ciganin sam i umem da volim, PGP-RTB, 1970.
- Ciganko vatrenog oka, PGP-RTB, 1971.
- Čekaću te ja, PGP-RTB, 1973.
- Zeleno, zeleno, PGP-RTB, 1975.
- Hajde svi da pevamo, PGP-RTB, 1975.
- Da li hoćeš, brate, Aliju, PGP-RTB, 1976 (con Ajnur Serbezovski).
- Ramajana, PGP-RTB, 1977.
- Zašto su ti kose pobelele druže, PGP-RTB, 1977 (co conxunto Crni Dijamanti).
- U haremu, Jugoton, 1979.
- Suzana, volim te, Jugoton, 1979.
- Pesma prijatelju, Jugoton, 1980.
Recompilacións
[editar | editar a fonte]- Muharem Serbezovski, PGP-RTB, 1975.
- Braća Serbezovski, PGP-RTB, 1983 (con Ajnur Serbezovski).
- Legende narodne muzike, Extra Music, 2008 (con Novica e Toma Zdravković).
- 39 velikih hitova, Extra Music, 2012.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ljerka V. Rasmussen (2013) Newly Composed Folk Music of Yugoslavia. Routledge,, p. 99
- ↑ Carol Silverman (2012). Romani Routes: Cultural Politics and Balkan Music in Diaspora Oxford University Press. p. 203
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Jovana Gligorijević (17 de maio de 2012). "Nama je veselje razlog da se isplačemo". Vreme. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2016. Consultado o 20 de setembro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 "Sviđa mi se Laslo Havel". Dani. 22 de marzo de 2002. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2016. Consultado o 20 de setembro de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Philip Knox e Nathaniel Morris (8 de maio de 2012). "O father, what have you done?" Recovering the golden age of Yugoslavia's Roma music". eurozine. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2016. Consultado o 20 de setembro de 2016.
- ↑ Josh Hall (12 de agosto de 2013). "Stand Up, People! Yugoslavian Gypsy Pop Explored". The Quietus.
- ↑ Lejla Mazlic (19 de maio de 2009). "When a woman is slapped, she forgets that she was the cause of it". Human Rights House. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2018. Consultado o 20 de setembro de 2016.
- ↑ "Muharem Serbezovski podnio ostavku na članstvo u SBiH"". Klix. 14 de abril de 2010.