Museo Numismático do Banco Central de Chile
Museo Numismático do Banco Central de Chile | |
---|---|
Vitrinas expositivas no Museo Numismático do Banco Central de Chile | |
Coordenadas | 33°26′28″S 70°39′12″O / -33.441083333333, -70.653277777778 |
País | Chile |
Cidade | Santiago de Chile |
Superficie | 180 m² |
Na rede | |
http://www.numismaticos.cl/museo-numismatico-banco-centra | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo Numismático do Banco Central de Chile é un museo situado en Santiago de Chile e dedicado a amosar a historia das moedas e dos billetes chilenos e, con carácter xeral, doutros países.
O museo ten a súa sede no edificio do Banco Central de Chile.[1] O seu director é José Luis Ayala Saldivia.[2]
O Museo Numismático do Banco Central de Chile inaugurouse o 18 de maio de 2012.[1]
O seu obxectivo principal é a posta ao dispor do público dunha mostra do patrimonio numismático do Banco Central de Chile, como base para unha visión cronolóxica e iconográfica da historia económica e política do país.[3]
O edificio
[editar | editar a fonte]O edificio que alberga tanto o Banco Central de Chile como o Museo Numismático foi inaugurado en 1928, tres anos despois da fundación do propio banco.
O edificio fai esquina entre as rúas Morandé e Agustinas, no barrio Cívico de Santiago. O deseño orixinal é do arquitecto Alberto Cruz Montt, aínda que na década de 1940 o edificio sufriu unha importante ampliación a cargo do arquitecto Josué Smith, respectando no posible o deseño orixinal.[4]
A colección
[editar | editar a fonte]A exposición divídese en dúas salas, cunha superficie en total de 180 m²:
- A primeira corresponde ás antigas caixas para atención ao público, onde actualmente se amosa a familia de billetes en circulación en Chile e diversos obxectos relacionados coa actividade do Banco Central. Tamén se levan a cabo aí actividades para os cativos relacionadas co deseño e a produción dos billetes.[5]
- A segunda corresponde a unha antiga bóveda construída polo banco nos anos 1940 e cuxa porta pesa dúas toneladas, onde se exhibe a colección histórica de moedas e billetes.[1] A peza máis escasa e valiosa da colección é un exemplar do coñecido como "peso de Coquimbo", cuñado en 1828 na Casa da Moeda de Coquimbo.[6][7]
Dentro da súa exposición atópanse 10 lingotes de ouro de 13 quilogramos cada un.[8] Tamén se presentan aproximadamente 1.500 pezas, entre billetes e moedas: arredor de 300 moedas de ouro, prata e outros metais emitidas a partir de 1749, así como 150 billetes emitidos en Chile e máis dun milleiro de máis de 160 países do mundo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Inauguran moderno Museo Numismático del Banco Central de Chile". En Emol. 18 de maio de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 "Museo Numismático del Banco Central de Chile". Registro de Museos de Chile.
- ↑ "La iniciativa". Sitio Web do Museo Numismático do BCC.
- ↑ "El edificio". Sitio Web do Museo Numismático do BCC.
- ↑ Zarhi, Macarena. "Más de 250 años de historia en numismática". En La Tercera. 22 de maio de 2012.
- ↑ "1 Peso - Plata - 1828 Arquivado 14 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". Museo Numismático del Banco Central de Chile.
- ↑ "El rescate del histórico Peso de Coquimbo Arquivado 15 de novembro de 2017 en Wayback Machine.". En El Día. 5 de outubro de 2016.
- ↑ "Banco Central saca de las bóvedas sus lingotes de oro". En Minería Chilena. 19 de maio de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo Numismático do Banco Central de Chile |