Saltar ao contido

Mushroom Pillow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mushroom Pillow
Tiposelo discográfico
Data de fundación2001
SedeMadrid
PaísEspaña
Na rede
http://www.mushroompillow.com/
Twitter: MushroomPillow Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mushroom Pillow Music é unha discográfica fundada o 3 de maio de 2001 na Coruña por Keina García e Marcos Collantes.

Está dentro da escena alternativa ou independente cun marcado carácter anglosaxón. Desde a primeira edición do selo discográfico obtéñense bos resultados dentro da escena musical española. Ao par que o selo, créase Mushroom Pillow Publishing.

No ano 2005 crean a axencia de contratación Ártica, que aglutina tanto a grupos de Mushroom Pillow coma doutros selos, adicada á xestión e contratación de grupos e produción de eventos. Nos últimos días dese mesmo ano ábrese Mushroom Pillow Reissues, unha parte do selo dedicada a coidadas reedicións desde os anos sesenta ata os noventa. O obxectivo é editar álbums relevantes que non foran reeditadas co ánimo de recuperar clásicos do underground, dotándoas dun deseño renovado, información extra, entrevistas, fotos inéditas, maquetas, tomas alternativas, vídeos e todo aquilo que poida interesar a alguén centrado no coleccionismo discográfico.

No 2008 a discográfica fundou Metropolitan Ediciones, empresa adicada á publicación de libros con diversas temáticas.

O seu catálogo pódese dividir en grupos nacionais e estranxeiros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]