WAS
WAS | |
---|---|
We Are Standard nun concerto en Lleida, 2009. | |
Orixe | Getxo, País Vasco |
Período | 2002 – presente |
Xénero(s) | Pop-rock Indie |
Selo(s) discográfico(s) | Mushroom Pillow |
Membros | Deu Txakartegi Jon Aguirrezabalaga Javi Leta D.W. Farringdon Juan Escribano |
Na rede | |
www.myspace.com/wearestandard | |
WAS[1] son unha banda de punk-funk / dance-rock formado en Getxo (Biscaia) no ano 2002. A banda está composta por Deu Txakartegi, Jon Aguirrezabalaga, Javi Leta, D.W. Farringdon e Juan Escribano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na orixe, a banda coñecíase polo nome de Standard, mais a partir do 2008 mudou de nome e pasou a se chamar We Are Standard, por mor da coincidencia do nome de Standard co dunha banda dos EUA, país onde acababa de saír o seu segundo disco, así como en moitos outros países europeos. Xa no 2016, coincidindo coa saída do seu disco Gau Ama, pasaron a chamarse simplemente WAS.
En 2004 We Are Standard (entón aínda Standard) gravaron un EP con tres cancións que foi titulado Golden Section. Presentaron este EP no ano 2005 ao concurso Proxecto Demo que organiza o Festival de Benicàssim (FIB) cada ano, concurso do que foron proclamados vencedores. Ademais deste premio, tamén acadaron o de mellor maqueta para a revista Mondosdoro.
O seu primeiro álbum, 3.000 V 40.000 W, foi publicado pola discográfica Mushroom Pillow en marzo de 2006. O disco tivo grande acollida, e levounos a realizar unha extensa xira de presentación (máis de 100 concertos) por toda España e parte de Europa.
Mentres a banda aínda seguía a estar de xira, no ano 2007 foi publicado outro EP, The Impossible Mixes, disco que incluía catro remesturas do seu primeiro álbum e unha versión da canción de The Velvet Underground "Waiting for the man".
O seu segundo álbum, We Are Standard, tamén publicado pola discográfica Mushroom Pillow, saíu á luz o 4 de novembro de 2008. A xira de presentación deste novo LP pasou xa por toda España e algúns países de Norteamérica.
No ano 2010 participaron na IX edición do Festival do Norte.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Golden Section (EP; 2004)
- 3.000 V 40.000 W (2006)
- The Impossible Mixes (2007)
- We Are Standard (2008)
- Great State (EP; 2011)
- Day (2013)
- Gau Ama (2016)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vázquez, Carlos. Esquire.es, ed. "WAS, el grupo antes conocido como We Are Standard". Consultado o 2 de febreiro de 2017.