Nadezhda Mandelstam
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ru) Надежда Яковлевна Хазина ![]() 30 de outubro de 1899 ![]() Saratov, Rusia ![]() |
Morte | 29 de decembro de 1980 ![]() Moscova, Rusia ![]() |
Lugar de sepultura | Cemitério de Kuntsevo (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingua inglesa e memoir literature (en) ![]() ![]() |
Ocupación | escritora, memorialista, lingüista, mestra, biógrafa, poetisa, profesor de educación superior ![]() |
Empregador | National University of Uzbekistan (en) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Osip Mandelstam (1922–) ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Q111398308 ![]() Literatori Sankt-Peterburga. XX vek >>>:Мандельштам Надежда Яковлевна, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Nadezhda Yakovlevna Mandelstam (en ruso Надежда Яковлевна Мандельштам), nada en Saratov o 31 de outubro de 1899 e finada en Moscova o 29 de decembro de 1980 foi unha escritora rusa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia xudía de clase media, pasou os seus anos mozos en Kíiv. Despois do instituto estudou arte. En 1921 casou co poeta Osip Mandelshtam, co que viviu en Ucraína, San Petersburgo, Moscova e Xeorxia. Osip foi arrestado en 1934 polo seu Кремлёвский горец, un epigrama onde describía o clima de terror na Unión Soviética, e exiliouse con Nadezhda a Cherdyn, na rexión de Perm, e mais tarde a Voronezh.
Após o segundo arresto de Osip Mandelshtam e a súa morte no campo de concentración "Vtoraya Rechka", preto de Vladivostok en 1938, Nadezdha Mandelstam levou un estilo de vida case nómade, esquivando ó arresto, mudando constantemente o seu lugar de residencia e sobrevivindo a base de traballos temporais. En polo menos unha ocasión, en Kalinin, a NKVD apareceu ó día seguinte de que escapase.
Como unha especie de misión vital, tentou preservar e publica-la herdanza poética do seu marido. Conseguiu manter a meirande parte memorizada xa que non confiaba no papel.
Após a morte de Stalin, Nadezhda Mandelstam completou a súa tese en 1956, e permitiuse que volvera a Moscova en 1958.
Nas súas memorias, Hope Against Hope e Hope Abandoned, publicadas primeiro en Occidente, dá unha especie de análise épico da súa vida e critica a degradación moral e cultural da Unión Soviética a partir de década de 1920. Os títulos das súas memorias son xogos de palabras, xa que Nadezhda en ruso significa 'esperanza'.
En 1979, deu os seus arquivos á Universidade de Princeton. Morreu en 1980 en Moscova, ós 81 anos.