Narcissus bulbocodium
Narcissus bulbocodium | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Narcissus bulbocodium. | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Narcissus bulbocodium' L. | |||||||||||||||||||||||
Distribución na Península Ibérica.
|
Narcissus bulbocodium é unha especie botánica da familia das amarilidáceas.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha planta pequena con flores grandes e solitarias. Follas de cor verde escura de 1,5 a 4 mm de ancho, ascendentes. Talo cilíndrico de cor verdosa, de 10 a 25 cm de altura. Raíz bulbácea. Flores de cor amarela clara, espata visible e papirácea. Corola obcónica de 8 a 25 mm de longo, tépalos pequenos puntiagudos, estames longos cos filamentos curvados que non sobresaen do bordo e estilo longo. Froito en cápsula con 3 valvas.
Hábitat
[editar | editar a fonte]En prados e pastos de outeiros e montañas, areais en alta montaña. Distribúese por Francia, Portugal e norte de África. En España na Cordilleira Cantábrica e no Sistema Central.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Narcissus bulbocodium foi descrita por Carl von Linné e publicada en Sp. Pl.: 289 (1753).[1]
- Citoloxía
Número de cromosomas de Narcissus bulbocodium (Fam. Amaryllidaceae) e taxóns infraespecíficos: 2n=22 2n=35, 42[2][3]
Narcissus nome xenérico que fai referencia ao mozo narcisista da mitoloxía grega Νάρκισσος (Narkissos) fillo do deus río Cephissus e da ninfa Leiriope; que se distinguía pola súa beleza.
O nome deriva da palabra grega: ναρκὰο, narkào (= narcótico) e refírese ao cheiro penetrante e embriagante das flores dalgunhas especies (algúns sosteñen que a palabra deriva da palabra persa نرگس e que se pronuncia Nargis, que indica que esta planta é embriagadora).
bulbocodium: epíteto latino que significa "bulbo lanoso".[4]
- Corbularia bulbocodium (L.) Haw.
- Narcissus bulbocodium var. genuinus Cout.
- Narcissus bulbocodium subsp. vulgaris Cout[5].
- Narcissus aureus DC., non Loisel.
- Narcissus bulbocodium subsp. bulbocodium
- Narcissus bulbocodium subsp. obesus (Salisb.) Maire
- Narcissus graellsii Graells
- Narcissus nivalis Graells
- Narcissus obesus Salisb.
- Narcissus tenuifolius Salisb[6].
- Subespecies e variedades
- Narcissus bulbocodium subsp. bulbocodium
- Narcissus bulbocodium var. pallidus (Gattef. & Weiller) Maire & Weiller
- Narcissus bulbocodium subsp. praecox Gattef. & Weiller
- Narcissus bulbocodium subsp. quintanilhae A.Fern.
Cultivo
[editar | editar a fonte]Narcissus bulbocodium é amplamente plantado nos xardíns e pódese naturalizar na herba. Require condicións relativamente secas durante o período de inactividade estival, polo que é apta para plantar baixo árbores caducifolias.[7] Existen numerosas variedades e cultivares, incluíndo N. bulbocodium subsp. bulbocodium var. conspicuus (flores amarelas pálidas) e 'Golden Bells', un cultivar vigoroso con flores amarelas profundas de longa duración.[8]
Narcissus bulbocodium gañou o premio ao mérito do xardín da Royal Horticultural Society.[9]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Amarelo limón.
-
Amarelo limón.
-
Branco.
-
Branco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Narcissus bulbocodium". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 18 de abril de 2013.
- ↑ Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955)
- ↑ Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955)
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ Sinónimos en Catalogue of life
- ↑ Sinónimos en Real Jardín Botánico
- ↑ Dusoir, Rory (5 de abril de 2003). "How to grow: the hoop-petticoat daffodil". The Telegraph. Consultado o 24 de maio de 2013.
- ↑ RHS A-L encyclopedia of garden plants. Reino Unido: Dorling Kindersley. 2008. p. 1136. ISBN 978-1405332965.
- ↑ "RHS Plant Selector - Narcissus bulbocodium". Consultado o 23 de febreiro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Narcissus bulbocodium |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Narcissus bulbocodium |