Nemiña, Muxía
Nemiña | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Muxía[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°01′13″N 9°15′44″O / 43.02030971, -9.26225165 |
Poboación | 106 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Cristovo de Nemiña é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o INE en 2009 tiña 129 habitantes (65 mulleres e 64 homes) distribuídos en 4 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 141 habitantes, e 1999 cando tiña 154 habitantes.
Topónimo
[editar | editar a fonte]Os topónimos galegos que conteñen a raíz Neme- (como Nemiña, monte Neme, Nemetobriga etc.) están posibelmente relacionados cos espazos nomeados nemeton e coa deusa céltica Nemetona.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A súa igrexa parroquial é un pequeno templo románico, a máis pequena das igrexas románicas da comarca (13 x 6 m). Consta dunha soa nave rectangular, cuberta de madeira e ábsida cadrada, cun arco de acceso apoiado sobre dúas columnas acaroadas que rematan en senllos capiteis decorados con temas vexetais, semellantes ós da igrexa de Frixe. A bóveda que cobre a ábsida é apuntada.
O campanario foille engadido no século XVII, así como unha sancristía nun lateral da ábsida. Segundo deixou escrito nas súas memorias o cardeal Jerónimo de Hoyo a comezos do século XVII, o templo foi asaltado dúas veces polos ingleses. Tamén dicía que tiña unha renda ben módica, correspondéndolle "Media vaca fera que lle deu un veciño e oito ducados que lle concedeu o dono dun navío".
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de San Cristovo de Nemiña.
-
Igrexa de San Cristovo de Nemiña.
-
Igrexa de San Cristovo de Nemiña.
-
Praia de Nemiña.
-
Praia de Nemiña.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Nemiña
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Nemiña no concello de Muxía (A Coruña) | |
---|---|
Nemiña | Queiroso | Talón | Vilela de Nemiña |
Parroquias de Muxía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "A Nosa Historia". historia246.rssing.com. Consultado o 2023-11-12.