Saltar ao contido

Neneh Cherry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNeneh Cherry

(2013) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sv) Neneh Marianne Karlsson Cherry Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Neneh Mariann Karlsson Editar o valor en Wikidata
10 de marzo de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Estocolmo, Suecia Editar o valor en Wikidata
Outros nomesNeneh Cherry Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, compositora de cancións, compositora, disc-jóckey Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica pop, trip hop (pt) Traducir, hip hop alternativo (pt) Traducir, Jazz e Free jazz Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoVirgin Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCameron McVey (1990–)
Bruce Smith (1983–1984) Editar o valor en Wikidata
FillosNaima Karlsson
 () Bruce Smith
Mabel
 () Cameron McVey Editar o valor en Wikidata
PaisAhmadu Jah Editar o valor en Wikidata  e Moki Cherry Editar o valor en Wikidata
IrmánsEagle-Eye Cherry
Titiyo Editar o valor en Wikidata
ParentesDavid Ornette Cherry, stepbrother
Christian Jon Cherry, stepbrother
Marlon Roudette, fillastro Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webnenehcherry.co.uk Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1220462 Facebook: nenehcherryofficial Twitter: misscherrylala Instagram: nenehcherryofficial MySpace: nenehcherry Youtube: UCggR9IhR1o8Y52rmI_AFByw Bandcamp: nenehcherrySouncloud: neneh-cherry Spotify: 3JxCEqL9zjKnDJgUhRuRJD iTunes: 524545 Last fm: Neneh+Cherry Musicbrainz: 527c65d1-9fdb-4482-8796-dde2980bd63a Songkick: 56536 Discogs: 11449 Allmusic: mn0000332257 Deezer: 2680 Genius: Neneh-cherry Editar o valor en Wikidata

Neneh Mariann Karlsson, nada en Estocolmo o 10 de marzo de 1964 é unha cantante, compositora, rapeira e DJ e locutora ocasional sueca,[1][2] coñecida como Neneh Cherry. A súa carreira musical comezou en Londres a principios da década de 1980, actuando en varias bandas de punk e post-punk bands durante a súa mocidade, incluídas The Slits e Rip Rig + Panic.

Cherry publicou cinco álbums de estudio co seu nome. O primeiro, Raw Like Sushi, publicouse en 1989 e chegou ao número tres no UK Album Chart, grazas en parte ao éxito mundial "Buffalo Stance". O seu segundo álbum foi Homebrew (1992) e catro anos despois publicou Man. Ademais destes discos, formou a banda cirKus en 2006 e colaborou con The Thing, publicando un disco titulado The Cherry Thing en 2012.

Cherry gañou dous Brit Awards e un MTV Europe Music Award (con Youssou N'Dour). Foi tamén candidata aos premios Grammy.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Cherry é a filla de Monika "Moki" Karlsson (1943–2009), pintora e artista téxtil sueca, e o músico Ahmadu Jah (1936–2018). Jah naceu en Serra Leoa, fillo dun xefe tribal que foi a Estocolmo para estudar enxeñaría.[3] Os pais de Cherry separáronse deseguido e a súa nai casou co influente músico de jazz estadounidense Don Cherry, que axudou a criar a Neneh dende o seu nacemento. Ela tomou o apelido do seu padrasto.[1]

Por parte de nai, Cherry ten un medio irmán, o músico Eagle-Eye Cherry. Por parte do seu padrasto, ten unha media irmá, a violinista Jan Cherry, e un medio irmán, o músico de jazz David Ornette Cherry. Polo matrimonio do seu pai con Maylen Bergström, Cherry é medio irmá da cantante Titiyo e do produtor musical Cherno Jah.

En 1983, Cherry casou co batería Bruce Smith[4] e tivo unha filla, Naima.[5][6] Divorciáronse en 1984. Naima é fotógrafa en Londres e ten un fillo chamado Louis Clyde Flynn Love[7] en 2004.[5]

En 1986, Cherry coñeceu o produtor Cameron "Booga Bear" McVey no aeroporto de Heathrow. Cherry e McVey estaban de camiño ao Xapón como mdelos para o deseñador Ray Petri. Cherry pediulle matrimonio e a parella casou en 1990.[8] Cherry e McVey tiveron dúas fillas: Tyson, nada en 1989, e a cantante Mabel, nada en 1996.[5] Cherry e McVey tiveron tamén unha relación laboral: McVey produciu e coescribiu Raw Like Sushi.[9] Ademais, estiveron xuntos no grupo cirKus. Cherry ten un fillastro, Marlon Roudette (antigo líder de Mattafix), pola relación anterior de McVey con Vonnie Roudette.[10]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Gravacións en solitario

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Strong, Martin C (2000). The Great Rock Discography. Mojo Books. p. 176. ISBN 1-84195-017-3. 
  2. Greenstreet, Rosanna (14 de xuño de 2014). "Q&A: Neneh Cherry". The Guardian. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  3. Mossman, Kate (22 de febreiro de 2014). "Neneh Cherry, interview: 'People ask me where I've been for 18 years'". The Guardian. Consultado o 25 de febreiro de 2014. 
  4. "Neneh M Karlsson – mentioned in the record of Smith and Neneh M Karlsson". FamilySearch. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Eliezer, Christie (23 de xuño de 2004). "Neneh Cherry". Australian Beat Magazine. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2012. Consultado o 25 de febreiro de 2014. 
  6. Chapman, Anna (de xullo de 2003). "Interview with Neneh Cherry". Pacha Magazine. Arquivado dende o orixinal o 6 de febreiro de 2012. Consultado o 25 de febreiro de 2014. 
  7. Keens, Oliver (25 de febreiro de 2014). "Five things you didn't know about Neneh Cherry". Time Out London. Consultado o 26 de febreiro de 2014. 
  8. "Neneh M Karlsson – mentioned in the record of Mcvey and Neneh M Karlsson". FamilySearch. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  9. Wolfson, Sam (23 de febreiro de 2014). "Neneh Cherry on Buffalo Stance, family ties and ‘coke’ for radio plays". The Guardian. Consultado o 18 de xaneiro de 2020. 
  10. Martin, Gavin (23 de decembro de 2011). "Marlon Roudette is huge in Germany". Mirror Online. Consultado o 18 de xaneiro de 2020.