Nezara viridula
Nezara viridula | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Nezara viridula L. 1758 | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
O Nezara viridula, é un insecto hemíptero da familia Pentatomidae.
Descrición
[editar | editar a fonte]O macho adulto pode acadar unha lonxitude corporal (da fronte ó extremo elitral) de preto de 12,1 mm, mentres que as femias son de maior tamaño, alcanzando un tamaño de aproximadamente 13,1 mm. O corpo en forma de escudo é verde brillante, o extremo das antenas de tonaidades castañas e os ollos son en xeral avermellados, pero tamén poden ser de cor negra.
Nalgúns exemplares, pero non sempre, na parte anterior do peito, da cabeza e no abdome son de cor palido amarela. Coa idade o corpo pode escurecer de verde a marrón. Difire doutras especies similares polas tres pequenas manchas amarelo pálido aliñadas entre dous puntos de cor negra no vértice do escudo.
Estes insectos posúen unhas glándulas que expelen un cheiro desagradable cando se senten ameazados[1].
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Nezara viridula é unha especie cosmopolita, que vive nas rexións tropicais e subtropicais de América, África, Asia, Australasia e Europa entre 45 graos norte e 45 graos sur[2].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
N. viridula virando a cor marrón.
-
Ovos e ninfas de
N. viridula no envés dunha folla.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Insectos – Nezara viridula Arquivado 14 de abril de 2015 en Wayback Machine., na web da Institució Catalana d’Història Natural.
- ↑ Todd J.W. (1989). «Ecology and behavior of Nezara viridula». Annu. Rev. Entomol. 34: 273-292. doi 10.1146/annurev.en.34.010189.001421
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nezara viridula |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Nezara viridula |