Nicole (cantante chilena)
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Denisse Lillian Laval Soza 19 de xaneiro de 1977 (47 anos) Santiago de Chile |
Outros nomes | Nicole |
Educación | Saint Gabriel's School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, guitarrista, compositora de cancións, cantante, artista discográfico |
Período de actividade | 1989 - |
Xénero artístico | Música pop |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Voz e guitarra |
Selo discográfico | Sony Music |
Familia | |
Cónxuxe | Sergio Lagos |
Sitio web | nicolemusica.cl |
Denisse Lilian Laval Soza, coñecida como Nicole, é unha cantante chilena.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciou a súa carreira musical desde unha idade temperá. Tal vez me estoy enamorando (1989), o seu primeiro álbum, foi un grande éxito local que conseguiu un Disco de Ouro. Anos máis tarde, tras unha pausa para rematar a súa escolarización, Nicole lanzou Esperando nada (1994), producido por Tito Dávila (anteriormente de Enanitos Verdes), e gravou cinco álbums que alcanzaron o número un en todas as emisoras de radio de Chile e vendeu máis de 80.000 copias.
En 1997, Nicole viaxou a Londres para gravar o seu próximo disco. Ese ano publicou Sueños en tránsito, producido por Gustavo Cerati, ex Soda Stereo. Despiértame, o seu primeiro sinxelo, foi premiado aquel ano cun MTV Video Music Awards na categoría de Mellor Vídeo Feminino. Para ampliar as súas fronteiras, a cantante decidiu probar sorte en México e, posteriormente, en Estados Unidos, onde coñeceu a Bruno del Ganado. En 2002 Nicole lanzou Viaje infinito, álbum que foi gravado en Nova York, producido por Andrés Levin. O álbum foi canddiato a un Grammy Latino e ós MTV Music Awards.
No 2004 Nicole participou en dúas películas, a curtametraxe The Miami friend e For Rent Chile, ambas recoñecidas en importantes festivais de todo o mundo. En 2005 Nicole creou o seu propio selo independente, Chika Entertainment Inc.. APT (2006-2007), o quinto álbum da súa carreira, foi mesturado en España e, a continuación, masterizado en Londres por Barry Sage. A cantante regresou a Chile, onde se concentrou na promoción do seu novo disco. Do mesmo xeito, Nicole fíxose cargo de varias campañas publicitarias. Tamén foi presentadora dun programa de radio co cantante Javiera Parra, e participou no programa Todo a coro, da TVN (Televisión Nacional de Chile), onde dirixiu o coro Talagante Prisión, que foi gañador. Asemade levou un programa de televisión de música en vivo na canle de televisión Vía-X e foi parte do grupo de organizadores do Premio Nacional de Artes 2009 Altazor no seu país.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- 1989: Tal vez me estoy enamorando.
- 1994: Esperando nada.
- 1997: Sueños en tránsito.
- 2002:
- Grandes éxitos
- Viaje infinito.
- 2006: APT.
- 2009: 20 años.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Películas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Nicole Arquivado 01 de novembro de 2015 en Wayback Machine.