Nikolai Przewalski
Nome orixinal | Nikolai Mikháilovich Przewalski |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Николай Михайлович Пржевальский 12 de abril (no calendario antigo, 31 de marzo) de 1839 Smolensk, Imperio Ruso |
Morte | 1 de novembro (no calendario antigo, 20 de outubro) de 1888 Karakol, rexión de Isiq-Köl, Imperio Ruso |
Causa da morte | Febre tifoide |
Lugar de sepultura | Krakol |
País de nacionalidade | Rusa |
Educación | General Staff Academy (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ciencias naturais, natural science (en) e viaxe |
Ocupación | xeógrado, militar, explorador, naturalista |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rango militar | tenente coronel maior xeneral Coronel Xeneral |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Przew. |
Familia | |
Irmáns | Yevgeny Przhevalsky |
Premios | |
Medalla Constantin, Medalla Vega, Medalla Founder’s, Orde de Santo Estanislau, Orde de san Vladimir, Medalla Alexander von Humboldt, Orde das Palmas Académicas, Orde de Leopoldo e Medalla Real | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Encyclopædia Britannica Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Lista
|
Nikolai Mikháilovich Przhevalski ou Przewalski, ou Nikolai Mikháilovich Przhevalskiy, (en polaco Przewalski, en ruso Пржевальский, transliterado de varias maneras: Przhevalski, Prževalskij, Prjevalsky...), nado en Smolensk o 12 de abril de 1839 e finado en Karakol, rexión de Isiq-Köl o 1 de novembro de 1888, foi un xeógrafo e naturalista ruso, importante explorador de Asia Oriental e Asia Central.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Przevalski naceu en Smolensk no seo dunha familia da nobreza polaca, cidade onde iniciou os seus estudos, antes de ingresar na Academia Militar de San Petersburgo. En 1864 foi profesor de xeografía na Escola Militar de Varsovia.
En 1867 Przevalski solicitou á Sociedade Xeográfica Rusa ser enviado a Irkutsk, no leste de Siberia. A súa intención era explorar a conca do río Ussuri, un afluente do Amur. Esta foi a súa primeira expedición de importancia, que durou dous anos. Przevalski publicou o diario da expedición co título Viaxes pola rexión do Ussuri, 1867-69.
Despois desta exploración realizou outras catro. Aínda que nunca chegou á súa meta final, a cidade de Lhasa, no Tíbet, viaxou a través de rexións descoñecidas, ao oeste, como o norte do Tíbet, a actual Qinghai e Zungaria.[1]
Przevalski contribuíu significativamente ao coñecemento europeo sobre a Asia Central, e foi o primeiro europeo que descubriu unha das poucas subespecies existentes do cabalo salvaxe, que hoxe leva o seu nome: Equus ferus przewalskii.[2]
Abreviatura (botánica)
[editar | editar a fonte]A abreviatura Przew. emprégase para recoñecer a Nikolai Przewalski como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
Abreviatura (zooloxía)
[editar | editar a fonte]A abreviatura Przewalski emprégase para indicar a Nikolai Przewalski como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Luce Boulnois (2005): Silk road: monks, warriors & merchants (páx. 415). Florey, Australian Capital Territory: Odyssey Books. ISBN 9-6221-7721-2.
- ↑ Alexander Hellemans & Bryan Bunch (1988): The timetables of science (páx. 304). Nova York: Simon and Schuster. ISBN 0-6716-2130-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nikolai Przewalski |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Nikolai Przewalski |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Meyer, Karl E. & Shareen-Blair Brysac (1999): Tournament of shadows: the great game and the race for empire in Central Asia. Nova York: Basic Books. ISBN 978-1-5824-3106-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- «Nikolai Mikhailovich Przhevalsky and the politics of russian imperialism» Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo de Kyrill Kunakhovich en IDP News, n.º 27 (en inglés). Consultado el 17 de marzo de 2019.
- Bibliografía relacionada con Nikolai Przewalski no catálogo da Biblioteca Nacional de Alemaña.
- [inglés http://viaf.org/viaf/30329262/]