Saltar ao contido

Noiteboa rubia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Noiteboa rubia
Caprimulgus ruficollis

Individuo en Portugal
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Caprimulgiformes
Familia: Caprimulgidae
Xénero: Caprimulgus
Especie: C. ruficollis
Nome binomial
Caprimulgus ruficollis
Temminck, 1820

A noiteboa rubia,[2] ás veces coñecida como avenoiteira papuda[3] (Caprimulgus ruficollis) é unha ave pertencente a orde dos caprimúlxidos.

Características

[editar | editar a fonte]

Son aves pouco estudadas, cun tamaño medio e un peso de 95 gramos[4]. Machos e femias son moi semellantes. Aínda que as plumas da cola e ás son lixeiramente maiores nos primeiros. Ademais as manchas brancas da cola e ás son máis intensas nos machos. A súa plumaxe está especialmente deseñada para a camuflaxe. Aliméntase de todo tipo de insectos, especialmente de lepidópteros[4].

Reprodución

[editar | editar a fonte]

O período de reprodución é moi longo, preto dos 110 días[4]. Os ovos ponse directamente no chan, e normalmente as postas son de dous ovos. Estes son incubados durante 16-19 días. Os polos permanecen cos pais entre 18 e 22 días[4]. As zonas de cría son espazos abertos con matogueiras baixas e dispersas. Porén os piñeirais e zonas de árbore son zonas de descanso[4].

Distribución

[editar | editar a fonte]

Ave restrinxida a zonas mornas de Europa e norte de África. A poboación europea oscila entre as 100.000 e 140.000 parellas[4], a maioría en España[4]. En España tense reducido a súa poboación preto dun 25% na primeira década do século XXI[4]. As causas son sobre todo os atropelos e á transformación dos hábitats debido á agricultura intensiva[4].

  1. "Caprimulgus ruficollis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 25 de decembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Saez P. e outros (Setembro 2015). "El Chotacabras cuellirrojo en Doñana: un elemento conciliador entre agricultura y conservación". Quercus (355).