Nova Friburgo
Epónimo | Friburgo | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Estado do Río de Xaneiro | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 182.082 (2010) (195,07 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 933,415 km² | ||||
Altitude | 840 m | ||||
Comparte fronteira con | Bom Jardim (pt) Silva Jardim (pt) Sumidouro (pt) Teresópolis Macaé (pt) Casimiro de Abreu Duas Barras (pt) Cachoeiras de Macacu (pt) Trajano de Moraes (pt) | ||||
Creación | 1818 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Prefixo telefónico | 22 | ||||
Código de concello do Brasil | 3303401 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | pmnf.rj.gov.br |
Nova Friburgo é unha cidade brasileira do estado do Río de Xaneiro, situada no centro-norte do estado, en medio das montañas da rexión serrana, a 846 m de altura sobre o nivel do mar. Dista 136 km por estrada da capital do estado.
A rexión foi inicialmente colonizada en 1820 (antes, polo tanto, da independencia do Brasil) por 100 familias orixinarias de Suíza. Recibiu o nome Nova Friburgo nunha homenaxe á cidade da cal partiron eses primeiros inmigrantes, Fribourg (ou Freiburg, en alemán).
A súa poboación en 2004 era estimada en 173.321 persoas. As principais actividades económicas son: a industria de moda íntima (lencería), olaría, a cría de cabras, industrias téxtiles e de metalurxia, e o turismo. A cidade é tamén a segunda maior produtora de flores do Brasil (só detrás da cidade de Holambra, no estado de São Paulo.
Nos últimos anos, ten sido procurada por estudantes que desexan estudar nunha universidade dunha cidade máis tranquila, lonxe da violencia dos grandes centros urbanos.
Turismo
[editar | editar a fonte]A cidade ten un forte reclamo turístico grazas ao seu clima agradable, de montaña, e á paisaxe pintoresca, con moita vexetación, ríos e camiños en medio do bosque. O seu teleférico, a Pedra do Can Sentado, o distrito do Lumiar e a Praza Getulio Vargas son os locais máis visitados. O turismo de compras (roupas íntimas, doces, flores) tamén ten aumentado. Por iso, a cidade posúe a máis grande rede hoteleira do interior do estado.
Universidades e facultades
[editar | editar a fonte]- Facultade de Filosofía Santa Doroteia
- Facultade de Odontoloxía de Nova Friburgo - FONF
- Universidade do Estado do Rio de Janeiro - UERJ (Instituto Politécnico)
- Universidade Estacio de Sá
- Universidade Cândido Mendes – UCAM