Nudesa
Nudesa | |
---|---|
Tipo | empresa |
Data de fundación | 1977 |
Sede | Silleda |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.nudesa.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nutrimentos Deza (Nudesa) é unha empresa galega que produce penso composto nunha rede de abastecemento a gandeiros, negocio ao que se suman granxas propias de parideiras para venda de porcino que tamén consumirían o seu penso. Actualmente é unha sociedade anónima, fundada como cooperativa de gandeiros. Ten a súa sede en Silleda.
Características
[editar | editar a fonte]Conta con 10 explotacións de parideiras, tanto propias coma integradas, produce 250 millóns de quilos de penso ao ano e vende 300.000 porcos no mesmo período (280.000 directos, máis os vendidos aos clientes que colaboran con eles nas granxas de porcas) Inclúen no seu portafolio a venda de penso ao sector da carne de vacún, pero neste sector sen explotacións propias.
Cunha facturación superior aos 158 millóns de euros ao ano Nudesa ocupa o primeiro posto como empresa con maior facturación da comarca de Deza e ocupa o número 88 dentro das 100 empresas con maior facturación de toda Galicia, o 23 dentro da provincia de Pontevedra. [1]
Historia
[editar | editar a fonte]A empresa foi fundada no ano 1977 por gandeiros residentes na comarca do Deza, entre os que se atopaba o actual conselleiro delegado da empresa José Carlos Fondevila Pérez, coa visión de potenciar e profesionalizar o sector primario a través da fabricación e subministración de pensos.
Tras unha primeira etapa durante os anos 80 en Lalín en 1993 construíuse unha nova sede en Silleda, na saída da vila en dirección a Santiago de Compostela. Ao longo dos anos a empresa experimentou un crecemento constante ata consolidarse como líderes do sector primario galego e converterse na primeira empresa da comarca en venda gratuíta de pensos dentro da súa rede de produción de porcino. En Galicia e Asturias venden penso en todo o territorio e na provincia de Burgos véndenlle porcino á empresa Campofrío, como en La Bañeza onde operan co mesmo principio xunto con Embutidos Rodríguez. En Portugal promoven outra rede de venda en simultáneo de penso e porcino.[2]
En abril de 2024 inaugurouse a segunda fábrica en activo no polígono industrial de Silleda, deseñada cun orzamento de 6 millóns de euros, con 45 metros de altura e capacidade para procesar 20 toneladas á hora de millo, cebada e soia procedentes na súa maioría do comercio co portos da Coruña e o porto de Marín.
A empresa conta con máis de 100 empregados.[3]
Distincións
[editar | editar a fonte]A empresa conta con 3 premios á mellor granxa do Ministerio de Agricultura español.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Las principales firmas aumentaron su facturación en 68 millones David Cofán Mazás". A voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-22-11.
- ↑ "José María Rey López: «El medio rural es desconocido para el urbano, que es el que dicta las normas»". A voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-22-11.
- ↑ "Nutrimentos Deza". El Economista (en castelán). Consultado o 2024-22-11.