Oídio da vide
Oídio da vide Uncinula necator | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bagas de uvas afectadas polo anamorfo de Uncinula necator. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Uncinula necator (Schwein.) Burrill | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Uncinula necator é unha especie de fungo que causa a enfermidade do oídio,[1][2] que pode ocasionar danos atacando a tódolos órganos verdes da vide.
Características
[editar | editar a fonte]Nas follas, nos seus estadios iniciais pode parecerse á infestación do mildiu, pero as manchas que aparecen adoitan seren sempre máis pequenas e nunca mostran a típica peluxe branca no revés; en cambio, si se poden observar puntos pardos.
É un patóxeno común de todas as especies do xénero Vitis, incluída a vide, Vitis vinifera.
Crese que o fungo orixinouse en América do Norte.
As variedades europeas de Vitis vinifera son máis ou menos susceptíbeis a este fungo. Uncinula necator infesta todos os tecidos verdes da vide, incluídas as follas e as baga novas. Pode causar perdas de cultivos e mala calidade do viño se non se trata.
A etapa sexual deste patóxeno require humidade libre para liberar as ascósporas dos seus clistotecios na primavera. Porén, a humidade libre non é necesaria para a propagación secundaria a través de conidios; a alta humidade atmosférica é suficiente.
A súa forma conidial ou anamorfo denomínase Oidium tuckeri.
Produce olores comúns, como 1-octen-3-ona e (Z)-1,5-octadien-3-ona.[3]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]A especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:[4]
- Erysiphe necator Schwein.
- Oidium necator (anon. ined.)
- Uncinula americana Howe
- Oidium tuckeri Berk.
- Acrosporium tuckeri (Berk.) Sumst.
- Pseudoidium tuckeri (Berk.) Y.S. Paul & J.N. Kapoor
Tratamento
[editar | editar a fonte]Este mofo pode ser tratado con xofre ou con funxicidas; porén, desenvolvéronse resistencias a varias clases de produtos químicos como benomyl, os DMI e as estrobilurinas. Aínda que os funxicidas sintéticos moitas veces recoméndanse como aplicacións cerca da floración, é común incluír xofre nunha mestura para axudar ao manexo da resistencia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kühne, Stefan; Burth, Ulrich; Marx, Peggy (2011). Cuidado de cultivos biológicos al aire libre (en castelán). Editorial Paraninfo. ISBN 9788484765110. Consultado o 22 de abril de 2020.
- ↑ oídio no Dicionario da RAG.
- ↑ Darriet, P.; Pons, M.; Henry, R. el al. (Maio de 2002). "Impact odorants contributing to the fungus type aroma from grape berries contaminated by powdery mildew (Uncinula necator); incidence of enzymatic activities of the yeast Saccharomyces cerevisiae". J. Agric. Food Chem. 50 (11): 3277–82. PMID 12009998. doi:10.1021/jf011527d.
- ↑ Uncinula necator (Schwein.) Burrill en BioLib
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oídio da vide |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Oídio da vide |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gubler, W, D.; M. R. Rademacher; S. J, Vasquez & C. S, Thomas (1999): Control of powdery mildew using the UC Davis Powdery Mildew Risk Index The American Phytopathological Society (en inglés).