O Amenal, Pereira, O Pino
O Amenal | |
---|---|
![]() A N-547 ao seu paso polo Amenal | |
Parroquia | Pereira |
Concello | O Pino |
Coordenadas | 42°54′22″N 8°23′39″O / 42.9061, -8.39413 |
Poboación | 91 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Amenal é un lugar da parroquia de Pereira, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE,[1] en 2019 tiña 91 habitantes (44 homes e 47 mulleres), aínda que nestas cifras se inclúe unha boa parte do lugar que se atopa dentro da parroquia de Castrofeito.
O Camiño Francés a Santiago pasa por esta pequena poboación xusto antes de encarar a suba cara á plataforma do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro. Quizais por esta razón, tense desenvolvido unha pequena infraestrutura hostaleira neste lugar. O trazado do Camiño atravesa a N-547 neste punto a través dun paso subterráneo que se encontra na parte de Castrofeito. A capital municipal, O Pedrouzo, atópase a 2.400 metros de distancia.
Neste lugar conflúen os regos do Amenal e do Menal, que forman parte da bacía do río Brandelos[2], que atravesa a parroquia de Pereira.
É posible que este sexa o lugar mencionado polo peregrino Doménico Laffi no seu Viaggio da Napoli à San Giacomo di Galizia (1673)[3] cando di que «“más alá de al Menar (Amenal) chego a unha fonte en compañía doutros peregrinos, onde refrescamos ben, mudando os vestidos, porque sabíamos estar próximos a Santiago»[4], é dicir, servía ao mesmo propósito que o lugar da Lavacolla.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Este lugar é homónimo do rego que pasa por aquí, baixo unha ponte que atravesa o Camiño Francés. A orixe deste termo pode vir:
- do fitónimo ameneiro (alnus glutinosa), do latín vulgar *AMINARIU, derivado da forma celta ameia, que significa "a carón do río", porque é aquí onde abundan[5]. Posiblemente a palabra amenal sexa un topónimo abundancial que se refera a un conxunto de amieiros[6]. Neste último sentido os topónimos O Ameneiral, lugar que está poucos metros antes que O Amenal, e rego de Menal virían a abundar no mesmo sentido, polo que teriamos tres topónimos de orixes idénticas uns ao lado dos outros
- do hidrónimo ame-nale, que significa "meseta ou regato tranquilo"[7], ou da raíz céltica am- que derivaría nun amena- e pode significar "leito de río, gabia"[8]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ponte sobre o rego do Amenal
-
Rego do Amenal desde a ponte
-
Rego do Amenal
-
Rego do Amenal e tubaxes da ponte
-
Rego do Amenal
-
Camiño francés xunto a unha pensión
-
Pensión no Camiño
-
Subterráneo baixo a N-547, entrada leste
-
Subterráneo baixo a N-547, entrada oeste
-
Sinais do Camiño no Amenal
-
Fito quilométrico do Camiño Francés no Amenal
-
Casarío camiño de Alvarín
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Pereira
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Pereira no concello do Pino (Provincia da Coruña) | |
---|---|
A Alta de Pereira | Alvarín | Alvite | O Amenal | O Ameneiral | O Castro | Cimadevila | A Igrexa | Vilachá |
Parroquias do Pino
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2021. Consultado o 26 de abril de 2021.
- ↑ Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-III (09-14). Touro (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid.
- ↑ "Doménico Laffi". Xacopedia (en castelán). Consultado o 27-8-2020.
- ↑ Solana, Alberto (xaneiro de 2016). Asociación Peregrina del Espíritu de Santi / Ayuntamiento de Tábara, ed. "Lavacolla, mito o costumbre" (PDF). El espíritu de Santi (en castelán) (22): 16. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de agosto de 2020. Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ Fernández Salgado, Benigno (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 25. ISBN 84-8288-752-1. Consultado o 27-8-2020.
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponimia de Galicia. Guías A-Z. Editorial Galaxia. p. 268. ISBN 978-84-9865-092-1. Consultado o 27-8-2020.
- ↑ Mateo Sanz, Gonzalo (xullo de 2018). "La naturaleza en la toponimia española (II)". Flora Montibérica (71): 39. ISSN 1138-5952.
- ↑ Moralejo, Juan José (2010). "Topónimos celtas en Galicia". Paleohispanica. Revista sobre lenguas y culturas de la Hispania Antigua (en castelán) (10 (Serta Paleohispanica in honorem Javier de Hoz)): 101–102. ISSN 1578-5386.