O Castro, Pereira, O Pino
O Castro | |
---|---|
Casarío do Castro | |
Parroquia | Pereira |
Concello | O Pino |
Coordenadas | 42°53′19″N 8°23′56″O / 42.888666666667, -8.3989166666667 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Castro é un lugar da parroquia de Pereira, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Os seus habitantes están incluídos dentro do número que o IGE determina para o lugar da Alta de Pereira[1].
O Castro fai xunto aos lugares da Alta de Pereira e da Igrexa un triángulo poboado dunhas 23 hectáreas. O Castro estríbase entre o monte de Castro, que acada os 347 m de altitude, e a Pena do Raposo, que chega aos 372 m, que fan fronteira co concello de Touro. Cara ao norte, oriéntase cara á bacía dun regato que nace poucos metros antes e que apenas 1.400 m despois desauga no Brandelos, polo que o camiño que o cruza en dirección á Alta de Pereira salva unha pendente algo acusada cara a abaixo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Alpendre con mosaico de pedra pulimentada xunto a unha horta
-
Casa antiga e hórreo
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Pereira
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Pereira no concello do Pino (Provincia da Coruña) | |
---|---|
A Alta de Pereira | Alvarín | Alvite | O Amenal | O Ameneiral | O Castro | Cimadevila | A Igrexa | Vilachá |
Parroquias do Pino
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 26 de abril de 2021.