O Barco, Mañufe, Gondomar
O Barco | |
---|---|
Parroquia | Mañufe |
Concello | Gondomar |
Coordenadas | 42°05′42″N 8°46′30″O / 42.094888888889, -8.7749444444444 |
Poboación | 5 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Barco é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar na comarca do Val Miñor. Segundo o INE en 2019 tiña cinco persoas empadroadas (tres homes e dúas mulleres). Esta pequena entidade de poboación sitúase a 4,1 km do centro da vila de Gondomar e 130 metros de altitude sobre o nivel do mar[1].
Descrición
[editar | editar a fonte]O Barco é un pequeno conxunto de 5 casas[2] situado na ladeira norte do Monte da Bouza[3]. Limita ao norte coa Sequiña, ao sur e sueste coa Costa, ao nordés e oeste con Nande e ao sur suroeste con Santo André.
Espazos naturais
[editar | editar a fonte]O río Folón rodea polo nordés e leste a aldea do Barco e continúa regando o eucaliptal do Monte da Bouza en dirección sur[4].[5]
O Souto do Barco atópase ao sur e está formado por unha antiga masa forestal de castiñeiros hoxe mesturada con piñeiros e eucaliptos de novas plantacións. Trátase dun punto natural que polo nordés comunica coa Costa ou polo noroeste coa Sequiña.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Mañufe
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Mañufe no concello de Gondomar (Pontevedra) | |
---|---|
O Barco | O Campo das Bestas | A Costa | Cristillón | A Cruz | Fontán | Galisteo | A Goldra | O Lameiro | A Moreira | Nande | Penalba | Piquetes | A Ponte | A Portavedra | Pousada | O Rapadouro | San Brais | San Sebastián | Santo André | Seidóns | A Sequiña | A Texosa | O Verdeal |
Parroquias de Gondomar
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Parroquia de Mañufe". Concello de Gondomar. Consultado o 08/05/2020.
- ↑ "Lugar do Barco, Mañufe, Gondomar". idealista.com. Consultado o 09/06/20220.
- ↑ "Toponimia". Concello de Gondomar. Arquivado dende o orixinal o 26/05/2020. Consultado o 08/05/2020.
- ↑ "Toponimia". Concello de Gondomar. Arquivado dende o orixinal o 26/05/2020. Consultado o 08/05/2020.
- ↑ "Rutas Wikiloc". Concello de Gondomar. Consultado o 08-05-2020.