Saltar ao contido

O Castro de Orosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Castro de Orosa
ParroquiaVilapedre
ConcelloVilalba
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27065029
Cronoloxía
Datas de ocupaciónIdade de Ferro
Estado actualSen uso
Véxase tamén
Castros de Galicia

O Castro de Orosa ou Castro de Vilapedre é un castro situado no lugar do Castro, na parroquia de San Mamede de Vilapedre,[1] no concello lucense de Vilalba. O castro aparece no Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia (Catálogo da Xunta e dos PXOM).

Descrición

[editar | editar a fonte]

Atópase a uns 521 metros de altitude a carón da igrexa da parroquia, e as súas dimensión son de 130x93 metros. No presente está ocupado por terras agrículas e carballeiras. Deste castro só se conserva unha parte. Ten un parapeto e na parte norte un foxo e un segundo parapeto. O parapeto principal ten unha altura de dous a catro metros e unha anchura de dez metros.

Arqueoloxía

[editar | editar a fonte]

Atopouse un ídolo antropomorfa que algúns autores atribúen ao deus Hermes e anacos de cerámica da época romana.

  1. siotuga.xunta.gal (ed.). "LUGPA007" (PDF). Consultado o 30 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • RAMIL REGO, Eduardo (1997). Xacementos castrexos do concello de Vilalba (Lugo). Análise dos emprazamentos. Revista Férvedes, 4.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]