O berro seco (Milladoiro)
Aparencia
O berro seco | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Milladoiro | ||||
Publicado | 1981 | |||
Gravación | 27 de abril – 7 de maio de 1981 | |||
Estudio(s) | Kyrios (Madrid) | |||
Xénero(s) | Folk | |||
Selo(s) | Ruada, Doblón | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
O berro seco é o segundo álbum de estudio do grupo galego de música tradicional Milladoiro. Foi publicado en 1981, polo selo Ruada.
O disco foi gravado nos estudios Kyrios, en Madrid, entre o 27 de abril e o 7 de maio de 1981. Está inspirado na tradicional romaría de San Fins do Castro (parroquia de Cesullas, no concello Cabana de Bergantiños da provincia da Coruña) e consta de nove temas tradicionais galegos e un de composición propia. Concibido como un continuum de A Galicia de Maeloc (1979), incorpora sintetizadores e gaitas galega e irlandesa (uilleann pipe) xuntas por primeira vez.
Foi editado en CD en 1990, polo selo Doblón.
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Escritor(es) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "O berro seco" | Tradicional | 4:00 |
2. | "A cruz da vella" | Tradicional / Xosé V. Ferreirós | 3:54 |
3. | "Fis Terra" | Bryan Boorhby / R. Romaní | 3:11 |
4. | "Muiñeira vella de Mordomo" | Tradicional | 4:23 |
5. | "Na cova da Barxa" | Tradicional | 4:43 |
6. | "Unha noite no Santo Cristo" | Tradicional | 5:33 |
7. | "Polca dos campaneiros" | Tradicional | 3:11 |
8. | "Caraveliño colorado" | Tradicional | 4:53 |
9. | "A furoca" | A. Seoane | 2:28 |
10. | "Brincadeiro" | Tradicional | 4:53 |